VISITA A BIBLIOTECA PÚBLICA 2015 - 3 ANOS

O pasado martes 24 de novembro foi unha data moi especial para os nenos e nenas de 3 anos de educación infantil: Foi a primeira excursión que facían no cole! Incluso algún ou algunha era a primeira excursión que facían en autobús...
Visitaron xuntos cos seus e as súas profes a Biblioteca Pública Juan Compañel situada nos casco vello de Vigo.
Alí nos atendeu César, un bibliotecario maravilloso que nos fixo pasar unha mañá superdivertida. César enseñounos a biblioteca, coas súas dependencias, espazos e materiais. Falounos das normas que había que cumprir nela, e incluso nos puxo un vídeo de Caillou e Pepa Pig visitando unha biblioteca...
E un dos momentos máis entretido foi cando estivemos metidos entre os contos: Na bebeteca (espazo da bilioteca para os nenos e nenas de 0 a 3 anos) estivemos mirando e lendo contos e libros de todos os tamaños, formas e texturas, despois de que César nolos mostrara e incluso nolos contara...

Powered by Drupal - Design by artinet