Animaciones á lectura curso 2006/2007

No curso 2006-2007, en E. Infantil, traballamos o conto de “A cebra Camila” como eixo central dun proxecto para o fomento da lectura en galego coa colaboración das familias que aportaron contos e libros para @s máis pequen@s.

O Proxecto segue a desenvolverse ó longo do curso con diferentes actividades a partires dos contos clásicos e da campaña institucional “Eu son”.

En Educación Primaria, cada nivel, le indistintamente en galego e castelán , cando menos un libro por trimestre. Traballamos a lectura, a fala, a escoita, a partires de obras escollidas pola súa calidade literaria e polos valores que transmiten.

Buscamos: aumentar a velocidade lectora, adquirir vocabulario, aprender a escoitar e a opinar, aumentar a comprensión, e sobre todo, fomentar os hábitos lectores para que, @s alumn@s consideren os libros coma instrumentos de lecer.

Lévanse a cabo as campañas de animación á lectura e fanse murais e traballos de plástica que, co gallo da celebración do día do libro, e das letras galegas, aparecen expostos nos corredores do colexio.

Este ano tamén participan  os pais e nais que lerán, e despois comentaremos a obra “ O inferno de Marta” sobre un tema de actualidade, a violencia de xénero.

Algúns dos libros traballados  son:

·                   Kika superbruja

·                   El capitán clazoncillos

·                   No corazón do bosque

·                   Cumpleaños feliz

·                   Correo urxente

·                   Los negocios del señor gato

·                   Historia dunha lata

·                   Matilda

·                   Carlos Baza “Calabaza”

·                   El huevo más bonito del mundo

·                   Una historia de miedo .. o casi

·                   Las aventuras de Max y sus amigos 

Se queres ver os nosos murais viaxa a nosa galería

Powered by Drupal - Design by artinet