Conmemoracións

A semana do Libro

Do 11 ao 15 de abril conmemoramos o Día do Libro cunha serie de actividades impulsadas dende a biblioteca do colexio. Na seguinte presentación podedes ver unha mostra.

Semana do Medio ambiente


Ata o 12 de abril conmemoramos a semana do medio ambiente cunha exposición sobre o cambio climático, vídeos, xogos, actividades didácticas nas aulas, exposición de libros e recollida selectiva de pilas e papel. Animamos dende aquí as familias a visitar a exposición e contribuir á toma de conciencia sobre o coidado do planeta.

Festival do Entroido

O pasado venres 4 de marzo celebramos no colexio a festa de entroido que este curso adicamos ao mundo do cine. Colorido, alegría e fantásticas coreografías fixeron disfrutar a todos, alumnado e familias. Grazas a todos pola vosa participación e asistencia. VER FOTOS


Carreira Solidaria

 

 

Aquí deixamos as FOTOS e o vídeo da Carreira Solidaria pola infancia de Haiti coa que conmemoramos o Día da Paz. Grazas a todos

 

Conmemoración do Día da Paz

O venres 28 de xaneiro conmemoramos o Día da paz. Nesta ocasión levaremos a cabo unha carreira solidaria en colaboración coa ONG Save de children  "Kilómetros de solidaridade". Básicamente consistirá en que cada alumno buscará padriños entre os seus familiares que lle darán X euros por cada kilómetro que recorran na carreira. Todo o diñeiro recaudado o enviaremos a esta ONG para axudar á infancia de HAITÍ.

Tamén deixamos unhas actividades elaboradas no Colexio para traballar dun xeito lúdico a paz a través da lectura. 

No seguinte enlace podedes xogar con outra actividade para o 2º e 3º ciclo de primaria  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfernandezlatorre/node/294

Tamén dende a Biblioteca do cole nos deixan unha recopilación de videos e cancións relacionados co día da paz

 

Festival das Letras Galegas

O martes 18 de maio celebramos o festival para conmemorar o Día das Letras Galegas. Fixemos  un adicado aos máis pequenos e outro para o resto do alumnado. Como sabedes este ano contamos coa colaboración da cantante do grupo Luar na Lubre e dende aquí dámoslle as gracias pola súa desinteresada participación. A continuación podedes ver imaxes do festival AQUÍ ou nos seguintes videos.

Máis vídeos nos seguintes enlaces:

http://www.youtube.com/watch?v=uVnkRLj1dyY

http://www.youtube.com/watch?v=gs6PYzm2ZuU

http://www.youtube.com/watch?v=wTNOEQWuc0M

Festival de Entroido

O pasado venres 12 de febreiro celebramos o tradicional festival de entroido. Nesta ocasión o motivo serían os distintos paises do mundo, complementando o proxecto da biblioteca escolar "A volta o mundo en 365 libros".

Podedes ver unha mostra da celebración nos seguintes vídeos:

1º. Chinitos de Infantil

Mexicanos de primeiro

Indios americanos de segundo

4º. Hindúes de terceiro

5º. Árabes de cuarto

6º. Masais de quinto

7º. Hawaianos de sexto

Por útimo se queredes podedes Ver fotos da celebración        

O Festival de Nadal

O martes 22 de decembro, último día de clase antes das festas, celebramos no salón de actos do colexio dous festivales , un para o alumnado de educación infantil e 1º e 2º de primaria e o segundo para o resto dos alumnos.

Houbo un pouco de todo, obras de teatro, panxoliñas, cantares de reis, música e cancións. O certo e que disfrutamos moito porque as actuacións estiveron estupendas. Parabéns pola vosa participación.

Para ver o album de fotos picade na imaxe desta noticia

Tamén queremos deixar constancia do noso agradecemento á sucursal de La Caixa de Jose Mª Hernansaez que subvenionou a actuación do grupo Tanxarina o venres 18 e que podedes ver en fotos aquí.

Por último dar as grazas a todos os que participaches na campaña de recollida de alimentos para o albergue do Pai Rubinos no Paseo Marítimo. Este ano todavía superamos a cantidade recollida o curso anterior, e por isto a encargada do albergue, Sor Clara, insistiunos en que trasladara a toda a nosa comunidade educativa o seu agradecemento.

Alumnos de 5ºB que se encargaron de levar os alimentos recollidos

 

Persoas con Discapacidade

O 3 de decembro está adicado ás persoas con discapacidade. Un curso máis o colexio quixo estar presente  nesta conmemoración e para esta ocasión montamos un circuito no patio, para que o alumnado de primaria tivese a oportunidade de poñerse no lugar das persoas que teñen que utilizar cadeiras de rodas por mor da súa discapacidade.

Tamén o alumnado de infantil  experimentou as dificultades coas que se atopan as persoas cegas recorrendo outro circuito no patio cuberto.

Agradecer dende aquí a colaboración da Cruz Vermella que nos cedeu as cadeiras de rodas,

Powered by Drupal - Design by artinet