Animación á lectura

CONTAVENRES: "CHUZOS DE PUNTA"

Hoxe, Noelia e Daniela, de 2º C, compartiron connosco a lectura de "Chuzos de punta", un texto de Raquel Saiz, no que descubrimos que non ten por que pasar nada se as cousas non son "como sempre".

A pesares do noviñas que son, fixérono como verdadeiras profesionais. Unha marabilla escoitalas!

Noraboa, nenas!  E moitas, moitas, grazas.

 

CONTAVENRES: "A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO"

Este venres 24 de novembro, un grupo de alumnos e alumnas de 5º representaron para quen quixo estar no tempo do recreo na Biblioteca, o conto "A cousa que máis doe do mundo", de Paco Liván. O certo foi que o aforo da Biblio estaba máis ca completo. Fixérono moi ben e aprendemos que é iso que máis doe do mundo: a mentira.

Grazas, rapaces e rapazas pola vosa entrega!

CONTAVENRES: "A PARTES IGUAIS"

Este venres, tres alumnas de 4º compartiron connosco a lectura de "A partes iguais", de Darabuc, unha nova versión dese conto tradicional.

Fixérono con moito entusiasmo e todos e todas estivemos moi atentos/as para non perder detalle do que alí narraban.

Grazas a todas elas, unhas "contistas" en toda regra.

             

CONTAVENRES: "O PAPÓN"

O venres 3 de novembro, aínda envolto o Colexio no ambiente do Samaín, Helena, Ainhoa e Daniela, de 4º de Primaria, fixéronnos pasar un tempo divertido (cun pouco de medo, para que negalo!) coa lectura de "O Papón", un texto de Pablo Albo no que aparece un personaxe "comenenos" máis populares de todo o noso país. Fixérono máis que ben, con moita expresividade. Dende aquí só podemos dicirlles:

Graciñas, mozas! (E non cansedes de contarnos historias).

 

     

CONTAVENRES: "EL YAYO ES EL YAYO"

Este venres, Lucía S., Daniel e Candela, de 5º B, decidiron render unha homenaxe aos avós e deleitáronnos coa lectura do texto "El yayo es el yayo", de Lilli Messina. Un libro no que podemos descubrir a ese avó, a esa avoa que se vai volvendo neno/a, pero que é alguén moi importante na casa.

Grazas, mozas, por compartir connosco esta marabilla (e polo ben que o fixestes)!

   

SAMAÍN: TEMPO DE LER "DE MEDO"

Xa está aquí o Samaín! E os libros "de medo", saen en busca dos rapaces e rapazas.

Para iso, no corredor que dá acceso á Biblioteca, creamos un recuncho para que nenos e nenas poidas coller nas súas mans (se ousan facelo) calquera dos textos que alí hai. Unha pequena escolma do moito que poden atopar na Biblio.

          

 

As Mochilas Viaxeiras están en marcha!

Xa van uns cantos anos que empezamos na biblio con esta actividade de animación á lectura para todo o alumnado. Dúas mochilas por curso, que fan un total de 38, comezaron hoxe a súa viaxe por todos os fogares do alumnado, e que durará todo o curso. Cada mochila contén unha selección de publicacións adaptadas ás idades dos alumnos-as e algunha cousiña máis para os maiores. A disfrutalas, e Feliz Día da Biblioteca!!

CONTAVENRES: "CUANDO NACE UN MONSTRUO"

Hoxe, Lucía, Silvia e Noa, de 3º B, fixéronnos pasar un tempo moi divertido coa lectura do conto "Cuando nace un monstruo", de Sean Taylor.

Fixérono moi ben e conseguiron que o público tamén participara na historia. Como unhas contacontos profesionais.

Moitas grazas, rapazas!

3, 2, 1... XA ESTÁN AQUÍ OS CONTAVENRES!

Xa estamos de volta na  Biblioteca neste novo curso. Agora que xa empeza outubro, damos inicio aos nosos "contavenres".

Hoxe contamos "Garavanciño", unha adaptación do conto tradicional. Foi un traballo conxunto entre Loli e un grupo de alumnas de 3º: Lucía, Silvia, Eva, Claudia, Karla e Martina, que axudaron a que a historia fora moi amena e divertida. 

Grazas a todas elas!

 

Powered by Drupal - Design by artinet