FESTA DO ENTROIDO 2024

Ola familias!

Xa está aquí a festa do Entroido para o alumnado do colexio.

Este venres a partir das 16h, entrada de balde cun máximo de dous acompañantes por alumno/a por cuestión de aforo.

Contaremos con xogos populares e deportivos, xogos de puntería, DJ e Karaoke con pantalla xigante, talleres creativos, concurso de disfraces con...Sorpresas!  Ademáis, as familias de sexto de primaria ofrecerán unha rica merenda como é tradición, para recadar fondos para a excursión de fin de curso.

Aproveitamos para recordarvos que sexades responsables á hora de sacar fotografías, xa que non se poden difundir fóra do ámbito privado sen o consentimento previo dos afectados. A dirección do centro e a APA Castrillón non se fan responsables da distribución ou uso indebido de fotos ou vídeos a través de redes sociais.

NOTA: ese día non haberá actividades extraescolares, polo que é preciso recoller aos nenos e nenas que van a comedor antes das 16 horas.

ESPERÁMOSVOS!

 

Powered by Drupal - Design by artinet