Inicio do curso 22-23
Dende hoxe 1 de setembro o colexio está aberto no seu horario habitual de 9 a 14h. Lembrade que o vindeiro xoves 8 de setembro iniciamos as clases, pero antes estamos a preparar e planificar este novo arranque do curso.
Dende hoxe o profesorado está asignado a súa titoría ou especialidade.
A partir do venres 2 publicaremos as listaxes de material escolar para os cursos de primaria.
Pedimos as novas familias de 4º de Infantil que cando veñan á reunión o luns 5 ás 12h, o fagades co material do alumno-a correspondente para entregalos á titora ao finalizar a reunión.
Estade atentos estes días á páxina web e abalar móbil, xa que a información para este inicio de curso estará actualizada a través destes medios.