Retomamos as saídas fora do colexio

Ante a evolución favorable da pandemia nas derradeiras semanas, valoramos iniciar algunhas saídas programadas, sempre que en cada actividade e momento a situación sexa valorada pola dirección e os equipos docentes como aceptable. A idea é aportar un maior grao de "normalidade" no desenvolvemento do curso actual. Por suposto que teremos as máximas garantías para continuar co cumprimento do protocolo COVID no ámbito educativo; acudiremos as saídas mantendo os grupos estables de convivencia,e como veredes, priorizando actividades ao aire libre. As saídas programadas ata o momento as podedes consultar actualizadas no enlace Calendario de saídas da web.

Powered by Drupal - Design by artinet