A RAG premia ao colexio

A Real Academia Galega da Língua Galega ven de conceder ao noso centro un dos tres premios convocados no concurso "Contádenos o voso día das Letras Galegas". Como explica a RAG na súa web "exemplo do gran labor do profesorado e das familias durante o confinamento para facer realidade a celebración das Letras Galegas. Entre outras propostas, o alumnado de 5 anos gravou dende a casa unha dramatización do devandito relato, inspirado na infancia do autor e moi empregado nas aulas do alumnado de infantil o do primeiro ciclo de primaria de toda Galicia pola súa idoneidade para estas etapas. O equipo de dinamización lingüística tamén se implicou de cheo na celebración e preparou dous xogos sobre Carballo Calero, baseados no xogo da ruleta nos birlos".

Parabéns a todas e todos os que participáchedes dun xeito ou outro, especialmente ao EDLG do colexio por poñer a iniciativa e a proposta en marcha.

 

 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2021/01/19/colegio-corunes-fernandez-latorre-ganador-certamen-contadenos-voso-dia-das-letras/00031611075058289756914.htm

 

Powered by Drupal - Design by artinet