COMEZO ACTIVIDADES

 

COMEZO DE ACTIVIDADES XANEIRO 2021

O vindeiro día 11 de Xaneiro está previsto o comezo das actividades. Pregamos ás familias a súa colaboración á hora de aplicar as normas e medidas de prevención ante a situación actual. A Continuación recordamos algunhas desas normas e os grupos de actividades cos accesos que correspondan:

As familias NON poderán acceder ó recinto. Tampouco na actividade de Patinaxe.

Se son usuarios de comedor e pasan directamente á actividade deben notificalo vía wass ou correo electrónico a ANPA

Haberá un monitor en cada un dos accesos previstos para as actividades que tomará a temperatura aos participantes antes da entrada ao recinto.

 

ENTRADAS:

 

INFANTIL (Porta de acceso: porta principal)

Xogos rítmicos (Luns e mércores)

Colorín colorado (Martes e xoves)

 

1º, 2º e 3º PRIMARIA (Porta de acceso: portal corredera  Avenida Concordia)

Patinaxe (Luns e venres) Os dous días no colexio.

Xenios (Martes e xoves)

Baloncesto (Martes e xoves)

 

4º, 5º e 6º PRIMARIA (Porta de acceso:porta Casanova de Eirís (gradas))

Escape Room (luns e mércores)

Patinaxe (Luns e venres) Os dous días no colexio.

Baloncesto (Martes e xoves)

 

A realización das actividades está suxeita aos posibles cambios nos protocolos vixentes pola evolución da pandemia.                                                        

 

Powered by Drupal - Design by artinet