Convocatoria de axudas para libros e material escolar.

Como cada ano xa está aquí a convocatoria única para acceder ás axudas para a compra de libros de texto de 1º e 2º de primaria, ou ben para acceder ao fondo solidario de libros de 3º e 4º de primaria, ou tamén e por último para a adquisición de material escolar, todo de cara ao curso 2018-19. A solicitude é única para todo e támén é unica para os irmáns escolarizados no mesmo centro. A información detallada a tedes na circular entregada ao alumnado. Este ano, a novidade principal é a presentación e entrega telemática da solicitude a traves de Fondolibros ou a Chave 365 de Galicia. Se alguén non é capaz de facelo telemáticamente, pode tamén presentar a solicitude e documentación na secretaría do Colexio. O prazo remata o venres 22 de xuño.       (o alumnado de 3ºEP do vindeiro curso recibirá os libros en préstamo do banco de libros Cole-Xunta)

CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS

FONDOLIBROS

CHAVE 365

Powered by Drupal - Design by artinet