VISITA DE INACIO


O día 20 de marzo visitounos Inacio, autor da “Fabula Galénica”, da editorial Baia.
Inacio representounos algúns contos e cantounos, coa súa miniguitarra (porque a lavara na lavadora con auga quente e encollera) a canción de “Borriquito como tú” cunha vogal diferente de cada vez. Tamén ensinounos unha retaíla recitada con xestos.
Foi moi divertido, rimos moito. 



Para rematar asinounos os libros e concedeunos unha entrevista (está na páxina principal, ou en 3ºB).


Inacio, foi moi simpático con nós.


Powered by Drupal - Design by artinet