Skip to Content

Excursión de 6º de Primaria. Xornada 2

Bos días, familias. Os nosos aventureiros e aventureiras pasaron unha boa noite. Algunhas conversas, algunhas risas, algunhas cancións...pero moi ben. Levantáronse con moito sono e almorzamos sobre as 9.30 h da mañá. Agora xa están preparados para a nova xornada. Hoxe está bastante nublado, con choivas esporádicas pero a temperatura é bastante boa.  En breve farán ximnasia para espertar e xogos ou senderismo segundo a evolución da nosa climatoloxía.

Facede "clic" na imaxe para ver as fotos da excursión subidas á galería. Saúdos

 

Excursión de 6º de Primaria. Xornada 1

Ola familias. Bos días dende o Grove. Como sabedes saímos de Vigo cunha xornada moi , moi galega, cheíña de auga dos ceos. Pero os deuses, xa que somos boa xente, tiñan reservado para nós unha climatoloxía perfecta para a nosa primeira xornada.

Os vosos fillos e fillas desfrutaron de estupendos baños na piscina do camping, fixeron xogos despóis, xantaron como leóns e volveron a seguir xogando pola tarde.

Pola noite, as cousas cambiaron. Apareceron as almas en pena da Santa Compaña e tiveron que facer méritos e conseguir obxectos máxicos para escapar do inframundo. Todos e todas superaron a proba. Sobre a medianoite foron a descansar xa superados polo esforzo e a emoción desta longa xornada de convivencia.

Deixamos aquí unhas mostras da xornada e iremos subindo á galería todas as fotos posibles. Mañá.... máis.

 

piscina1 piscina2 piscina3
piscina4 tempo_relax piscina4
     

Excursión de 6º de Primaria

Ola. Deixamos aquí información básica sobre a excursión de 6º de Primaria. Facede "clic" na imaxe. En breve, enviaremos información máis precisa ás familias. Ante calquera dúbida, contactar coas titorías ou equipo directivo. Grazas

 

MATRÍCULA 2018-2019

 

 Portal para a xestión das solicitudes de admisión de alumnado 2017-2018

INFÓRMASE QUE É PRECISO BAREMAR AS SOLICITUDES PARA 1º E 2º DE PRIMARIA, POLO QUE AS FAMILIAS SOLICITANTES DEBERÁN ACHEGAR A DOCUMENTACIÓN QUE CONSIDEREN OPORTUNA ANTES DO 18 DE ABRIL.

 

 LISTAS DEFINITIVAS: ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Información detallada (facer "clic")

Distribuir contido


by Dr. Radut