Ola a todas e a todos:
Este ano, por mor da pandemia, non teremos Xornadas presenciais de Portas Abertas. No seu lugar, para que poidades coñecer a liña educativa do noso centro, as súas instalacións e servizos complementarios, teredes á vosa disposición as seguintes posibilidades:
1- Videoconferencia co equipo directivo e co orientador os días martes 23 e xoves 25 de febreiro ás 17:00h. Para poder asistir deberedes solicitar asistencia á mesma no teléfono 886 120 115 (Esther).
2- Viaxe virtual polo noso centro no que poderedes acceder dende esta mesma páxina ,cunha introdución previa realizada polos nosos alumnos.
3- Teléfono de asistencia para información xeral : 886 120 117 (Orientador: Alfredo)
4- Díptico coa información esencial do noso centro, a descargar nesta páxina.
5- Acceso á sección de Educación do Concello onde fiigura información básica sobre os centros educativos de Vigo

Esperamos que contactedes connosco para coñecernos e desfrutar da ilusionante etapa infantil e primaria do noso centro. Grazas.