MATRÍCULA 2022-2023
Enlace lexislación: Decreto 13/2022, do 3 de febreiro
Enlace aplicación admisionalumnado
Calendario
OFERTA DE PRAZAS:
NIVEL
|
VACANTES OFERTADAS
|
SOLICITUDES RECIBIDAS |
SOLICITUDES ADMITIDAS *
|
4º Infantil
|
50
|
23 |
23
|
5º Infantil
|
17 |
2 |
2
|
6º Infantil
|
19
|
|
|
1º Primaria
|
7
|
3 |
3
|
2º Primaria
|
10
|
|
|
3º Primaria
|
12
|
|
|
4º Primaria
|
1
|
4 |
1
|
5º Primaria
|
0
|
2 |
1
|
6º Primaria
|
0
|
|
|
O prazo de presentación da solicitude de admisión nun novo centro é do 1 ao 21 de marzo.
O ALUMNADO ACTUALMENTE MATRICULADO QUE CONTINÚE ESTUDIOS NO CENTRO NON PRECISA FACER RESERVA DE PRAZA NIN NOVA MATRÍCULA.
CONSULTAS : 886 120 115 OU ceip.escultor.acunha@edu.xunta.gal
DATAS SOLICITUDES:
Reserva de praza para o IES álvaro Cunqueiro: Do 1 ao 15 de febreiro
(O centro facilita este proceso entregando e recollendo o impreso de reserva de praza. Pódese realizar a través da aplicación edu.xunta.es/admisionalumnado)
Solicitude de admisión do novo alumnado: Do 1 ao 22 de marzo
Debe presentarse cuberto e asinado o Anexo II (coa autobaremación e asinado polos 2 proxenitores) e o Anexo A.
O alumnado que solicita praza de NEAE debe poñerse en contacto co orientador do centro (886120117)
Documentación (Presentar orixinais e fotocopias)
Solicitude de admisión coa copia do DNI ou Libro de Familia. O alumnado procedente doutro centro debe aportar unha certificación dos estudios que cursa. A solicitude debe vir asinada por pai e nai ou aportar xustificación da situación familiar. Anexo A asinado.
Para aplicación do baremo: Documentación xustificativa de domicilio ou traballo (padrón familiar/certificado laboral e contrato de traballo), carnet de familia numerosa, xustificación da condición de familia monoparental, certificación de discapacidade...)
Do 20 ao 30 de xuño é preciso formalizar a nova matrícula. As familias do novo alumnado de 4º de Infantil serán convocadas a unha reunión onde poderán facela efectiva. Neste momento deberán tamén aportar, se non o fixeron antes, cartilla vacinacións, 3 fotos carnet e fotocopia da cartilla de asistencia santaria.
(O CEIP Escultor Acuña está integrado na zona educativa 9 do Concello de Vigo). Mapa das zonas educativas elaborado polo Concello.Relación centros zona 9. Ver mapa adxunto remitido pola Comisión de Escolarización)
Se queres coñecer outros centros públicos de Vigo, podes consultar a Guía elaborada polo Concello.
+ información na web do Concello
Solicitude do padrón. Elixir individual ou familiar e pulsar en tramitar por Internet.
* As persoas interesadas poden consultar esta listaxe en Secretaría ou coñecer o estado da súa solicitude a través da aplicación admisionalumnado co seu certificado dixital.