CEIP ESCULTOR ACUÑA
Adscrito ao centro: IES Álvaro Cunqueiro
Enclavado no barrio de Coia, o centro educativo Escultor Acuña é un colexio público cunha longa tradición educativa que se caracteriza pola optimización no uso dos seus recursos educativos e sociocomunitarios. Contamos cun equipo de profesionais consolidados, con gran compromiso profesional e cunha constante actitude de innovación e mellora no traballo cooperativo. Fomentamos a boa relación e cooperación de toda a Comunidade Educativa a través dun Plan de Convivencia de carácter integrador.
Levamos máis de 25 anos traballando para proporcionar ao alumnado una educación integral, axudándolle a desenvolver ao máximo todas as súas potencialidades para que cheguen a ser responsables e competentes persoal e socialmente.
As claves do noso traballo son:
- Planificación educativa derivada dunha constante avaliación do alumnado e do contorno social previa.
- Educación personalizada, individualizada e colaborativa do noso alumnado.
- Establecemento dunha positiva e comprometida cooperación familiar, xa que é ela a referente educadora dos seus fillos.
-
Potenciación de valores sociais e democráticos: respecto, alegría, responsabilidade, creatividade, esforzo, colaboración, orde e solidariedade. Respecto ao medio ambiente e fomento do uso da lingua galega.
- Metodoloxía de traballo por proxectos educativos en Educación Infantil e metodoloxía orientada as Competencias Clave en Educación Primaria.
- Apertura do centro a todo tipo de actividades e proxectos conxuntos ( Universidade, outros centros educativos, saídas didácticas, actividades no centro...) que redunden nunha mellora visión de centro aberto ao entorno e a realidade social.
Descubre máis sobre o noso centro na web do Concello de Vigo ESCOLAS VIGO e na web da Consellería de Educación. Fai "clic" sobre as imaxes.