Skip to Content

Letras Galegas 2017

Letras_galegas_2017

CÚMPRENSE 60 ANOS DO PRIMEIRO IMPLANTE COCLEAR

O 25 de febreiro de 1957 realizouse o primeiro implante coclear (IC) no mundo. Nunha enquisa realizada no Reino Unido considerouse ao IC como un dos dez inventos máis importantes do século XX.

Hoxe en día non se concibe o mundo da discapacidade auditiva sin o IC, unha tecnoloxía que foi cambiar favorablemente o xeito de abordar a xordeira. Temos que seren conscientes do moito que temos progresado. No noso centro, o CEIP "Escultor Acuña" temos actualmente seis alumnos e alumnas que aproveitan os beneficios do IC.

Por eso, damos as grazas a toda a xente que fixo posible este avance técnico e a todos os profesionais que traballan a cotío para axudar a competencia lingüística e comunicativa das persoas xordas.

 

Resultado de imagen de implante coclear

SUPERMAGOSTO NO ESCULTOR ACUÑA

Pois como diría Xandre..." tivemos un espectacular día para a celebración dos xogos e para a degustación das castañas"

Deíxovos aquí unhas fotos que, en breve, subiremos completas á galería. Grazas á Comisión de Festas polo seu esforzo e a todos e todas as participantes.

 

 speaker xogos3 
 xogos1  xogos4
 xogos2  xogos5

XA ESTAMOS EN MARCHA!

Pois si, xa estamos a rematar a primeira semana do curso académico 2016-2017. Xa as aulas están comezando os seus proxectos didácticos e coñecendo a novas compañeiras e compañeiros. O equipo de mestras e mestras esperamos que, pouco a pouco, collades o ritmo das responsabilidades educativas con alegría, compromiso e confianza. Moito ánimo a todas as familias!!!

 

Benvida

PERIODO DE ADAPTACIÓN_ 4º ED. INFANTIL

DISTRIBUCIÓN DO ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN  INFANTIL.

 Adxúntanse grupos e horarios do periodo de adaptación.

Para acceder aos listaxes, facer "clic" na imaxe ou descargar o documento adxunto

 

 Resultado de imagen de niños escolares

Distribuir contido


by Dr. Radut