Skip to Content

EXCURSIÓN 6º DE PRIMARIA- 3ª ETAPA

Ola familia. Seguramente estaredes, a estas alturas, botando de menos aos vosos vástagos. Eles.....están moi contentos, sintoó. Xa pasamos o ecuador da nosa aventura. Hoxe saímos cedo do Forte de Lusío e chefgamos ata Sarria. Agora, vós conto. Pola mañá e despóis do almorzo (cola cao con magdalenas e galletas) saímos cara Samos. A marcha foi con pouco ritmo ao principio ( todavía moi dormidos). Xa sobre o mediodía e cheirando a comida, o ritmo mellorou. Chegamos a Samos e xantamos na casa de Patricia ao aire libre. O tempo foi mellorando cara ao mediodía solar. Pola tarde e tras xogar un pouco, saímos cara a Sarria. O ritmo foi bo e os peregrinos van madurando tanto nas súas pernas como nas súas mentes. A viaxe iniciática está xa na súa pel de camiñantes. En total, sobre 21 km. Casi ná. Agora, xa ceando na villa de Sarría. Polas noite esperan os xogos de estrelas, de música, etc. Todo vai moi ben. Soamente tivemos que despedirnos de o noso compañeiro Mateo por un malestar dixestivo...pero o sábado estará de novo connosco para chegar pola porta grande ao Obradoiro. ¡ Bravo Mateo, te queremos! Xa para rematar, intranquilos pais e nais, queremos que saibades que Xan de Pitín, o espíritu camiñante que ven connosco dende O Cebreiro, coida de nós...pero  tamén fainos moitas trasnadas. Aparecerá esta noite? Ata mañá

 

camiño_Santiago

 

 

 

 

 
 

Avaliacións Individualizadas de 3º de Primaria 2018-2019

Avalia_2018

 Prezadas familias:

Con data 12 de abril de 2019 saen publicadas as convocatorias das probas individualizadas de 3º de Primaria no DOG.

As datas de realización das probas para 3º de primaria serán os días martes 28 e mérores 29 de maio ao longo de toda a xornada. Esta proba é de carácter censal. Será realizada por tódolos centros da nosa Comunidade Autónoma. En breve, recibiredes na casa información máis detallada sobre a mesma.

 

TEATRO 5º DE PRIMARIA " A AULA DE TÓCAME ROQUE"

 

Ola a todos/as:

Deixámosvos a representación da segunda obra de teatro, neste caso en galego, dentro do ciclo de teatro que van representando ao longo do curso “A aula de Tócame Roque” representada por outro dos grupos de alumnos/as de 5ºB,. Nada máis cabe darlle a noraboa os rapaces e rapazas polo seu esforzo e traballo.

Esperamos que disfrutedes a obra!!!!

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

ADMISIÓN DEFINITIVA DE ALUMNADO. CURSO 2019-2020

Bos días. Deixamos neste apartado, e cumprindo a normativa actual, a listaxe definitiva do alumnado admitido no noso centro para o vindeiro curso 2019-2010. Ante calquera dúbida, contactar coa secretaría no teléfono 886 120 115.

Para acceder ao listado, facer "clic" en Adxunto

 

 

TEATRO "LOS TRES CERDITOS" 5º PRIMARIA

Ola a todos/as:

Deixámosvos a representación dunha versión en castelán do conto “Los tres cerditos”.  A obra foi representada por un dos grupos de alumnos/as de 5ºB, dentro dun ciclo de teatro que van ir representando ao longo do curso. Elas mesmas encargáronse do decorado e o atrezzo. Nada máis cabe darlle a noraboa os rapaces e rapazas polo seu esforzo e traballo.

Esperamos que disfrutedes a obra!!!!

 

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut