Skip to Content

COMUNICADO DE INICIO DE CURSO ( Nº1)

Prezadas familias escultoras:

Deixamos neste espazo o comunicado de inicio de curso coas novas máis salientables sobre organización e volta al cole. Contactade connosco ( 886 120 115) ante calquera dúbida. Moi boa fin de semana. Para acceder ao documento completo. pregamos facer "clic" na imaxe. Gracias

BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 24-25

Prezadas familias do Escultor Acuña:

Benvidas ao novo curso escolar 2024-2025 co desexo que as vacacións de verano servirán de descanso, desconexión das intensas obrigas diarias e de  estupendos e relaxados momentos de encontros familiares.

Xa estamos a traballar no cole para a preparación da volta dos escultores e das escultoras que terá lugar o vindeiro mércores, 11 de setembro ás 9.00 horas. En breve, recibiredes información variada sobre o inicio de curso a través da aplicación Abalar.

Moito ánimo e vemonos moi pronto.  Un cordial saúdo do Equipo Educativo

 

Benvida_24_25

 

AXUDAS MUNICIPAIS DE COMEDOR ESCOLAR E DE MATERIAL PARA INFANTIL

Prezadas familias:

O Concello de Vigo ven de publicar a convocatoria para solicitar axudas de comedor escolar para infantil, primaria e secundaria. Tamén na mesma convocatoria publícanse as axudas de material escolar para 4º, 5º e 6º de Educación Infantil.

As solicitudes deben presentarse no Concello de Vigo, xa sexa de xeito electrónico ou de xeito presencial, con cita previa.

Deixamos, a continuación, a referencia da convocatoria na web do Concello de Vigo cos prazos e documentos a presentar. 

Convocatoria

  • Prazo solicitudes: 14/08/2024 - 12/09/2024

Recibide un cordial saúdo

 

FINAL DO CURSO ESCOLAR 2023-2024

Prezadas familias, prezadas escultoras e prezados escultores:

O curso escolar 2023-2024 chega ao seu final. Agora toca descansar, desfrutar en familia do verán e aproveitar para recrearse coas vosas aficións favoritas. Dende o equipo educativo (persoal docente e non docente) queremos agradecer a vosa colaboración ao longo deste curso para seguir crecendo nunha comunidade escolar comprometida coa responsabilidade, coa cooperación, coa convivencia positiva e co esforzo colectivo.

O centro estará aberto, de xeito presencial ata o luns 15 de xullo , para atender todas as cuestións administrativas necesarias. Do 16 ao 31 de xullo a atención será resolta a través do noso correo electrónico (ceip.escultor.acunha@edu.xunta.gal).

Veña, a desfrutar con alegría dun estupendo verán. Vémonos no comezo do próximo curso 2024-2025, que será o mércores, 11 de setembro.

Feliz verán, Escultoras e Escultores

Verán2024

 

OLIVEIRA DOS CEN ANOS EN LSE

 

Benquerida Comunidade Educativa de Escultoras e Escultores. Deixamos neste espazo un homenaxe as tradicións, ao color celeste da nosa terra, a cordialidade, a nosa lingua galega e a de signos española. E, por suposto, a afouteza do noso equipo. Ala,Celta...

Distribuir contido


by Dr. Radut