Skip to Content

Dependencias

O noso centro

O noso colexio é un centro ubicado no barrio de Coia, entre a Rúa da Estrada e o Camiño dos Esturáns. É un edificio de tres plantas, no que, visto dende arriba, destacan as cubertas do vestíbulo principal e os dous pequenos patios interiores.

No andar superior están as 4 aulas de terceiro ciclo de Primaria, 2 aulas de 2º ciclo, dúas aulas de Inglés e aula de Relixión. Están aquí tamén as 7 aulas de Audición e Linguaxe.

 
 

Na segunda planta están as 6 aulas de Infantil, as do 1º ciclo de Primaria e 2 de 2º ciclo. As dos pequenos teñen baño dentro.

Na planta baixa están as dependencias administrativas e espazos de uso común como a Biblioteca, a Aula de Informática, Usos Múltiples e Aula de Música.

Ademáis están adxuntos o ximnasio e o comedor.

 

O edificio está rodeado de amplos patios con extensas zonas de herba, espazos cubertos e pistas deportivas.

Temos que destacar a existencia dun HORTO ESCOLAR que se enriquece cada ano co traballo de todos e converteuse nun dos sinais de identidade do noso colexio.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut