Ola "Escultoras e Escultores". Xa estamos en marcha no novo curso 2023-2024. Enviamos a todas e a todos unha aperta moi forte para comezar con moita ilusión e alegría.
Imos utilizar a nosa Aula Virtual para seguir aprendendo, compartir ideas e recursos e navegar pola rede Internet.
Utilizaremos dous cursos:
1) Aula Virtual 2023-2024 para traballar dende casa e dende o cole. Neste espazo cada alumna/o poderá acceder as tarefas do seu curso.
2) Aula na Casa 2023-2024: un espazo por se temos que estar en corentena ou illados temporalmente por causa da COVID 19 ou por unha enfermidade longa na casa.
Veña. imos con moita ilusión a desfrutar das experiencias e retos na nosa Aula Virtual. Ániiiiiimo!!!
Mensaxe a toda a comunidade educativa do Escultor Acuña
A Lingua de Signos é un referente na nosa proposta educativa. Seguimos apostando pola súa difusión para avanzar na integración, na inclusión social e na comunicación efectiva entre as persoas.
Canción da Paz 2022 en lingua de signos española
Deixamos a través deste pequeno montaxe o noso compromiso co noso precioso planeta, "A Nosa Terra"