Skip to Content

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO NOVO ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL

Prezadas familias de 4º de Educación Infantil:

Según se vos informou durante o periodo de matrícula, ao final do mes de xuño haberá unha reunión coas familias das nenas e nenos que comezarán 4º de E Infantil no curso 2019-2020.

A reunión queda fixada para o mércores 26 ás 10 da mañá na Biblioteca do centro.

Nesta reunión:

  • Se vos darán pautas previas ao inicio da escolarización e se vos concretará o periodo de adaptación dos vosos fillas e fillas.
  • Podedes cubrir e entregar o impreso de formalización de matrícula.
  • Aportaredes a documentación que poidades ter pendente: 2 fotos, autorización do uso da imaxe...

 

Ante calquera dúbida, contactar coa secretaría 886 120 115 

 

 

Recibide un cordial saúdo

PEREGRINOS DO CEIP ESCULTOR ACUÑA

Ola familias. Deixamos neste videomontaxe algunhas estampas dos nosos peregrinos favoritos

  

EXCURSIÓN 6º DE PRIMARIA- 3ª ETAPA

Ola familia. Seguramente estaredes, a estas alturas, botando de menos aos vosos vástagos. Eles.....están moi contentos, sintoó. Xa pasamos o ecuador da nosa aventura. Hoxe saímos cedo do Forte de Lusío e chefgamos ata Sarria. Agora, vós conto. Pola mañá e despóis do almorzo (cola cao con magdalenas e galletas) saímos cara Samos. A marcha foi con pouco ritmo ao principio ( todavía moi dormidos). Xa sobre o mediodía e cheirando a comida, o ritmo mellorou. Chegamos a Samos e xantamos na casa de Patricia ao aire libre. O tempo foi mellorando cara ao mediodía solar. Pola tarde e tras xogar un pouco, saímos cara a Sarria. O ritmo foi bo e os peregrinos van madurando tanto nas súas pernas como nas súas mentes. A viaxe iniciática está xa na súa pel de camiñantes. En total, sobre 21 km. Casi ná. Agora, xa ceando na villa de Sarría. Polas noite esperan os xogos de estrelas, de música, etc. Todo vai moi ben. Soamente tivemos que despedirnos de o noso compañeiro Mateo por un malestar dixestivo...pero o sábado estará de novo connosco para chegar pola porta grande ao Obradoiro. ¡ Bravo Mateo, te queremos! Xa para rematar, intranquilos pais e nais, queremos que saibades que Xan de Pitín, o espíritu camiñante que ven connosco dende O Cebreiro, coida de nós...pero  tamén fainos moitas trasnadas. Aparecerá esta noite? Ata mañá

 

camiño_Santiago

 

 

 

 

 
 

EXCURSIÓN 6º DE PRIMARIA- 2ª ETAPA

Ola familias!!

Segunda xornada da nosa aventura. Noite tranquila. Saímos do Cebreiro, pasando por Triacastela e chegando a Samos, para pernoctar no famoso Albergue Lusio, unha casa señorial do século XV.

No día de hoxe mellorou moito a metereoloxía. Tivemos unha andaina moi agradable por terras de Triacastela, onde paramos a xantar e xogar a xustas medievais entre as distintas ordes.

Xa pola tarde e con espíritu peregrino caminamos cara a Samos, onde fumos recibidos pola ama de chaves da Casa Lusio, onde ceamos, xogamos co misterio da noite e conectamos coas estrelas antes do descanso dos guerreiros. Mañá, saíremos cara Sarria. Ata mañá, familias

 

EXCURSIÓN 6º DE PRIMARIA. 1ª ETAPA

 

Ola familias. O Trasno dos Peligrins quere contarvos q xa chegamos ao Cebreiro. Sobre as 13h iniciamos o noso camiño. Facía un pouco de friaxe pero camiñando, camiñando o frío tornou en andares cheos de ilusión, e risas . Xantamos no Alto do Poio. Logo camiñamos 8km ata o albergue. Merendamos bocatas de queixo, chourizo e mortadela. Ao longo da tarde fundamos as Ordes do Camiño e comezaron os xogos da tardiña. Paramos para cear. Arroz con polo e postre tarta de Santiago.Despóis da cea apareceu Xan do Pitín, o espíritu dos pelegrins para contar as historias do Cebreiro. Nuns momentos xa iremos a durmir. Mañán, o Trasno dos Pelegrins seguirá contando a nosa aventura. Boas noites.

 

Despois de comer. No Alto do Poio, saindo do Cebrerio

 

Xogando na palloza

Xogos nocturnos.

Distribuir contido


by Dr. Radut