Skip to Content

Ficha básica do Centro

Datos básicos do noso Centro

 

CEIP ESCULTOR ACUÑA

 

Entrada_Centro

 

 

Adscrito ao centro: IES Álvaro Cunqueiro

Enclavado no barrio de Coia, o centro educativo Escultor Acuña é un colexio público cunha longa tradición educativa que se caracteriza pola  optimización no uso dos seus recursos educativos e sociocomunitarios. Contamos cun equipo de profesionais consolidados, con gran compromiso profesional e cunha constante actitude de innovación e mellora no traballo cooperativo. Fomentamos a boa relación e cooperación de toda a Comunidade Educativa a través dun Plan de Convivencia de carácter integrador.

Levamos máis de 25 anos traballando para proporcionar ao alumnado una educación integral, axudándolle a desenvolver ao máximo todas as súas potencialidades para que cheguen a ser  responsables e competentes persoal e socialmente.

As claves do noso traballo son:

 

  • Planificación educativa derivada dunha constante avaliación do alumnado e do contorno social previa.
  •  Educación personalizada, individualizada e colaborativa do noso alumnado.
  • Establecemento dunha positiva e comprometida cooperación familiar, xa que é ela a referente educadora dos seus fillos.
  •  Potenciación de valores sociais e democráticos: respecto, alegría, responsabilidade, creatividade, esforzo, colaboración, orde e solidariedade. Respecto ao medio ambiente e fomento do uso da lingua galega.

  •  Metodoloxía de traballo por proxectos educativos en Educación Infantil e metodoloxía orientada as Competencias Clave en Educación Primaria.
  • Apertura do centro a todo tipo de actividades e proxectos conxuntos ( Universidade, outros centros educativos, saídas didácticas, actividades no centro...) que redunden nunha mellora visión de centro aberto ao entorno e a realidade social.

 

Descubre máis sobre o noso centro na web do Concello de Vigo ESCOLAS VIGO e na web da Consellería de Educación. Fai "clic" sobre as imaxes.

 

 

Ficha_Escolas_Vigo

 

 

web_CEUFP

 

Distribuir contido


by Dr. Radut