Skip to Content

A nosa historia

Video presentación do noso centro

Benvidos ao CEIP Escultor Acuña

 

video_vole_lse 

Relato da nosa historia

 

 

Este colexio tal e como o coñecemos hoxe, inaugurouse en setembro de 1985. Nun principio tomou o nome da rúa na que se atopa situado. Máis adiante o Claustro de mestres decide cambiarlle o nome. Por ser un centro de referencia para a integración de alumnado con discapacidade auditiva, pensouse en José Mª Acuña López por ser este un escultor con esta discapacidade, por estar vinculado á docencia e por ser un artista galego que fixo de Galicia, os seus cidadáns e os seus costumes un tema central na súa creación artística.

 

 

 

O Consello Escolar do centro aproba que o colexio leve o nome "Escultor Acuña"
Desgraciadamente, cando se celebra o acto oficial no que se coloca a placa conmemorativa, José María Acuña, o Escultor Acuña, falecera.

 

 

José Maria Acuña López  (Salcedo, provincia de Pontevedra, 4 de abril de1903 - Vigo , provincia de Pontevedra, 1991). Nace no seno dunha familia humilde; oito irmáns dos cales catro, incluído él son xordos. Escultor de renombre internacional.

Realizou os seus primeiros estudos no Colexio de Xordos e Cegos de Santo Domingo en Santiago de Compostela. Posteriormente en 1923, logo dunha campaña na prensa local que por medio dunha escultura descubriu os dotes extraordinarios que posuía, a Excma. Deputación de Pontevedra, concedeulle unha bolsa para realizar estudos superiores na Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid. A partir de aquí desenvólvese a súa obra, sempre ao redor de Galicia, ás súas xentes, costumes, etc. Realizou numerosas exposicións das súas obras artísticas en tanto en xiudades galegas como noutras cidades. Era un dos delegados da F.N.S.S.E., en Galicia nomeado polo Sr. Marroquín presidente da F.N.S.S.E. (Hoxe C.N.S.E.). Asi mesmo foi un dos fundadores e pioneiros na creación dunha nova asociación para xordos na cidade de Vigo. En 1930 é nomeado Profesor de Arte no Colexio Regional de Xordomudos Na actualidade deulle o seu nome a un colexio público de Vigo onde asisten alumnos/as xordos: "”C.E.I.P. Escultor Acuña".

 

 

En 1930 é nomeado Profesor de Arte no Colexio Rexional de Sordomudos de Santiago de Compostela, e a súa presenza no mundo artístico vaise desvanecendo, aínda que o seu labor artístico non cesa, segue realizando encargos e obras nos intres que a súa actividade académica permíteo.

 

 

 

Non se pode obviar o seu labor docente, que ocupa un lugar importante na súa vida, sendo ista a súa segunda gran vocación. A favor dela se eclipsa do gran mundo da fama e lévaa ata as súas últimas consecuencias.

 

 

 

Por mor da súa xubilación comeza unha nova idade de ouro na súa carreira, tras ese longo paréntese no que apenas se lle recorda, impulsado pola súa filla, comeza a expor de novo. Empezan as homenaxes e afortunadamente goza duns cantos en vida.

 

 

 

A finais de abril de 1991, empezan a abandonarlle as forzas e o 4 de xuño dese mesmo ano morre deixándonos as súas vivencias, a súa sensibilidade, a súa Galicia na súa exemplar obra.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut