Skip to Content

PUBLICACIÓN DE PRAZAS ESCOLARES VACANTES. CURSO 2024-2025

Prezadas familias:

Podedes comprobar neste apartado as prazas vacantes para Infantil e Primaria cara o vindeiro curso 2024-2025. Para acceder ao documento completo facede " clic" na imaxe. Lembrade que o prazo de solicitude nos centros educativos comprende do 1 ao 20 de marzo ambos incluídos.  Recibide un cordial saúdo.

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2024

Accede á nosa presentación das Xornadas de Portas Abertas (clic na imaxe)

Ola a todas e a todos:

Xa vai comezar o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2024-2025. En breve imos a ter Xornadas de Portas Abertas para que poidades coñecer a liña educativa do noso centro, os nosos equipos educativos, as nosas instalacións e servizos complementarios. Ademáis deixamos algunha alternativa, ao longo deste apartado, para que nos coñezades mellor. Benvidos e Benvidas ao noso cole.

1-  Xornadas Presenciais con cita previa:

a) En horario de mañá: os martes, días 6, 20 e 27 de febreiro en horario de 10.30 a 11.30 horas

b) En horario de tarde  os xoves,   días 8, 22 e 29 de febreiro en horario de 17.00  a 18.00 horas

Para realizar a visita é imprescindible solicitar CITA PREVIA no teléfono da nosa secretaría (886 120 115) indicando os datos persoais básicos ( curso solicitado, persoa de contacto, número de teléfono e correo electrónico). 

 2- Viaxe virtual polo noso centro no que poderedes acceder dende esta mesma páxina ,cunha introdución previa realizada polos nosos alumnos.

 3- Teléfono de asistencia para información xeral : 886 120 115 

 4- ptico coa información esencial do noso centro, a descargar nesta páxina.

 5-  Acceso á sección de Educación do Concello onde fiigura información básica sobre os centros educativos de Vigo

Ante calquera dúbida, contactar coa nosa secretaría ( 886 120 115 Lourdes). Esperamos a vosa visita. Benvidas e Benvidos

 

Portas_Abertas_23

 

ESCOLARIZACIÓN 2024-2025: CALENDARIO

Prezadas familias:

Deixamos, para o voso coñecemento, un cadro onde se resumen as distintas fases e datas do proceso de escolarización para o curso 2024-2025. Ante calquera dúbida, contactar connosco ( 886 120 115). Facede " clic" na imaxe para acceder ao documento completo. Moitas grazas

 

 

OS NOSOS DESEXOS PARA UN XENIAL 2024

2024

Dende a Comunidade Educativa do Escultor Acuña desexamos que o ano que acaba de nacer sexa unha viaxe cara a paz entre as diversas culturas e sociedades do noso mundo e un avance na igualdade de xénero en todos os ámbitos das nosas vidas. Imos aló...Escultoras e Escultores! Feliz 2024!

AS NOSAS POSTAIS DE NADAL 2023

Ola "Escultoras e Escultores". Grazas a todas e a todos por participar no Concurso de Postais de Nadal 2023. Xa están á vosa disposición no vestíbulo do centro. Deixamos neste espazo as seleccionadas para enviar ás familias neste Nadal 2023. Moooooitas grazas!!!

 

Postais_Nadal_23

Distribuir contido


by Dr. Radut