Skip to Content

Festival de Nadal

Picando na imaxe abrirase o album de fotografías do festival

Bo Nadal e feliz Aninovo para todos.

"Descubrindo o Norte". Serra do Galiñeiro

Os alumos de 5º de Educación Primaria "descubriron o norte no Galiñeiro"
Os alumnos deste centro xunto coas súas familias, vos seus mestres e algúns invitados máis gozaron dunha estupenda xornada no Galiñeiro practicando o deporte de orientación e ampliando a súa bagaxe cultural participando nun itinerario guiado por Anxo de Prado quen nos transmitiu a súa paixón e coñecementos acerca de numerosos aspectos da cultura galega. Os petróglifos de Auga da Laxe e algún muíño foron o foco de antención.
Queremos facer constar a gran colaboración que tivemos por parte de todas as persoas que, dunha ou outra forma participaron. Vaia por diante o noso agredecimiento.
O noso alumnado, a comunidade escolar, a escola pública é a gran beneficiada.


Montaxe audiovisual da actividade (facer clic na seguinte imaxe): 


Descubrindo_o_Norte_Galiñeiro_2012_018.JPG


Investigando sobre os petroglifos


Creando petroglifos


A Universidade de Vigo faise eco do proxecto Descubrindo o Norte

Queremos manifestar o noso agradecemento á Universidade de Vigo polo apoio, colaboración e acollida que recibimos. Agradecer a José Mª Sánchez e Luís Navarro, que fan chegar a ciencia a través de imaxes a todos os públicos; e como non, a Pío González por todo o traballo realizado tanto a nivel de coordinación como docente e divulgador científico, espertando no noso alumnado, con toda seguridade, un bo número de vocacións.
Agradecer tamén a José Luís Armada e Javier Rial (Servizo de Deportes do CUVI), a súa inestimable colaboración. E, por suposto, non podemos deixar de manifestar o noso agradecemento á participación e colaboración do noso benquerido alumnado e as súas familias. A todos moitas grazas por aportar e sumar nesta experiencia tan gratificante como didáctica.

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=6091&Itemid=12

Máis información no Terceiro Ciclo da materia de Educación Física, nesta mesma páxina.

As fotos da xornada están colgadas na galería da nosas páxina.

REVISTA ESCOLAR 2011-2012

Aquí tedes o nº 24 da nosa revista A VOZ  DO  MARISCAL

XATCOBEO

O xoves 12 de abril o alumnado de 6º foi ó CUVI a coñecer en primeira liña o proxecto Xatcobeo.


Reportaxe dixital

Distribuir contido


by Dr. Radut