Álbum: Educación Infantil -> VISITA MUSEO BEA REY (3, 4 e 5 anos)
O xoves 30/5/2019 os nenos de Educación Infantil pasaron unha mañá no museo de Bea Rey cun encanto especial e nun marco privilexiado. Ademais das obras fixemos un pequeno taller de debuxo.
Os nenos e nenas de Educación Infantil agasallaron as súas mamis cunha flor. Os de 3 anos ata a bautizaron como "Flor Kandinskyana" por tratarse dunha flor semellante a unha obra do pintor Kandinsky (Obra: "Círculos Concéntricos)
Como xa comentamos noutra entrada na web o último venres de cada mescelebramos na escola os aniversarios dos nenos/as que estiveron de cumple ese mes . Os nenos/as trouxeron tortas, zumes e bombóns para facer unha festa na aula e sopramos as velascos nosos compañeiros/as.
CANTAMOS E BAILAMOS, PASÁMOLO XENIAL!!
se queres ver os deste 2º trimestre FAI CLIC NA IMAXE
Os aniversarios da aula de 3 anos como xa comentamos noutra entrada celébranse conxuntamente o último venres de cada mes. Os nenos/as deste 2º trimestre convidaron así os seus compañeiros/as e pasámolo moi ben. Os demáis agasallámolos cun "libriño de aniversarios".
PASÁMOLO XENIAL!!! (AMARA e AIXA deste 2º trimestre)
Os nenos/as de Infantil agasallaron o seus papis cun pequeno obsequio relacionado co proxecto que se está levando a cabo no centro de "Pequenos Pintores".