Skip to Content

Información sobre Contratos Programa

8M

Actividades Día Internacional da Muller

DEPORTE INCLUSIVO

Álbum: Curso 2022-2023 -> Deporte inclusivo

Despois da nosa carreira solidaria, contando de novo con ENKI PROYECTO, seguimos valorando a importancia de traballar por un mundo máis xusto, solidario e inclusivo.

O presidente do clube Deportivo Inclusivo Enki e outros deportistas faláronnos sobre a inclusión das persoas con diversidade funcional a través do deporte. Foi unha charla moi positiva.

PLAN DIRECTOR: CHARLA CIBERSEGURIDADE

Continuando coa formación que recibiu o alumnado sobre riscos de internet e redes sociais, esta vez foi a quenda para profesorado e familias. 

Esta charla está dentro das actuacións levadas a cabo dentro do PLAN DIRECTOR.

 

V CARREIRA POLA INFANCIA

Nesta V edición da nosa carreira solidaria, queremos agradecer a toda a comunidade educativa a colaboración neste día, xa que un ano máis foi un éxito.

O recadado na carreira foi 219,70 €, importe xa transferido ao Proxecto ENKI.

Seguimos loitando pola inclusión contando con vós!

 

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro conmemórase o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Para celebralo os nosos nenos e nenas recitaron uns versos do seu poema "A miña casiña, o meu lar".

Distribuir contido


by Dr. Radut