Skip to Content

CONTRATOS PROGRAMA

Durante este curso 2021/2022, o centro participa en diferentes Contratos Programa: INCLÚE-T, EMOCIÓNA-T E IGUÁLA-T. Nestas modalidades de participación, irán enmarcadas diversas actividades que levaremos a cabo  no centro no presente curso escolar.

A iniciativa destes Contratos-programa constitúe un instrumento de apoio para promover o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa.

  



page | by Dr. Radut