Skip to Content

SOLICITUDE COMEDOR CURSO 2021-2022

PRAZO PARA ENTREGAR SOLICITUDE COMEDOR (MODELO AUTODECLARACIÓN) 

DO 1 AO 9 DE XULLO (ambos incluídos).

O modelo de autodeclaración debe presentarse no centro en horario de secretaría(de 10 a 12). Pódese descargar no seguinte enlace ou solicitar no centro:

MODELO AUTODECLARACIÓN COMEDOR CURSO 2021-2022

Datos a ter en conta para cubrir o modelo de autodeclaración:

- A renda neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2020.

- Polo tanto faranse as seguintes operación coa declaración do IRPF: Casiña 435 + casiña 460 – casiña 595

- O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

- O concepto  de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

CONCEPTO DE UNIDADE FAMILIAR:

- No caso de matrimonio:

A unidade familiar está integrada polos cónxuxes non separados legalmente e se os houber:

a).- Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimiento dos pais vivan independientemente destes.

b).- Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

C).- Hai que ter en conta que a mayoría de idade acádase ao cumplir 18 anos. 

 - En ausencia de matrimonio:

A unidade familiar está integrada polo pai ou pola nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai e reúnan os requisitos da modalidade anterior.

Polo tanto, calquera outra agrupación familiar, distinta das anterirores, non constitúe unidade familiar a efectos do IRPF.

O número de membros da unidade familiar realizarase atendendo á  situación existente o dia 31 de decembro de cada ano.

Nas parellas de feito só un dos membros (pai ou nai) poden formar unidade familiar cos fillos que reúnan os requisitos anteriormente comentados.

O mesmo criterio é aplicable nos casos de separación ou divorcio con garda e custodia compartida.

 



page | by Dr. Radut