Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25/11/19)

O luns 25 de Novembro celebramos no centro o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Todos xuntos no patio cantamos a canción "Dependen de los 2" co lema "Non é Non".

A finalidade de todo é previr a violencia contra as mulleres desde idades escolares, sensibilizando á comunidade educativa acerca das causas e as consecuencias da violencia exercida cara ás mulleres. Para iso debemos:

  • Traballar para deconstruir roles e estereotipos sexistas que fundamentan o machismo.
  • Reflexionar mediante exemplos de anuncios, vídeos, frases, debuxos... sobre os micromachismos que están no día a día de nenos e nenas.
  • Analizar as diferentes formas de violencia de xénero. 
  • Visibilizar a violencia de xénero como un problema social. Todas e todos podemos contribuír para erradicala. O noso silencio fainos cómplices.
  • Sensibilizar para conseguir hábitos de xogos non violentos nin sexistas.
  • Informar á comunidade escolar, alumnado, profesorado e familias ...

 



page | by Dr. Radut