E xa en xaneiro, ECO-RETO: DIVULGAMOS!!!!!![](/centros/ceipderebordans/system/files/u144/IMG-20230125-WA0003.jpg)
Nesta ocasión, os encargados da divulgación foi o alumnado de 6º curso, os cales prepararon varias presentacións adaptadas aos distintos niveis educativos do noso cole. Unha vez feitas, foron a todos os cursos de infantil e primaria para concienciar ao alumnado da importancia da reciclaxe.
Presentaron os novos colectores que imos poñer no patio para os restos orgánicos e así darlle máis uso ao noso composteiro.
Deste xeito traballamos o obxectivo ODS 12, o ODS da reciclaxe e consumo responsable.
![](/centros/ceipderebordans/system/files/u144/IMG-20230126-WA0025.jpg)
![](/centros/ceipderebordans/system/files/u144/IMG-20230126-WA0022.jpg)
![](/centros/ceipderebordans/system/files/u144/IMG-20230126-WA0018_0.jpg)
![](/centros/ceipderebordans/system/files/u144/IMG-20230126-WA0015_0.jpg)
![](/centros/ceipderebordans/system/files/u144/IMG-20230126-WA0008_0.jpg)
![](/centros/ceipderebordans/system/files/u144/IMG-20230126-WA0006.jpg)