try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Normalización Lingüística

Correlingua 2019 en Ponteareas

Correlingua celebrado en Ponteareas o dia 23 de maio.

Antonio Fraguas Fraguas, DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

Antonio Fraguas Fraguas,​( 28 de decembro de 1905- 5 de novembro de 1999), foi un escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo ao que se adica este ano o DÍAS DAS LETRAS GALEGAS.

Material didáctico elaborado polos GT do Seminario de Galán para celebrar o Día das Letras Galegas,dedicado este ano a Antonio Fraguas Fraguas.

http://seminariogalan.org/inicio/portada

 Materiais lúdicos e didácticos a comunidade educativa de infantil e primaria, dispoñible nesta ligazón: https://academia.gal/primaveradasletras.

A Universidade de Vigo, en colaboración co Seminario Galán, vén de editar unha serie de videos en lingua de signos, dirixidos ao alumnado de infantil e primaria, sobre a vida e obra do autor.
Este material didáctico, interpretado por María Bao e Inmaculada Báez como xestora de produción, está disponible na seguinte ligazón: https://tv.uvigo.es/series/5cd4339c8f42088926c06291

 

Coñecemos as nosas tradicións

 
Unha das artesanías máis típicas de Galicia está en Gundivós, na Ribeira Sacra. As súas formas e a súa  color negra son características inconfundibles.
Todas as pezas de Gundivós,  fanse a man nun fermoso edificio do século XVIII, restaurado como centro de interpretación da cerámica en Gundivós ( Lugo), un pobo de moita tradición alfareira.

Celebramos o día de ROSALÍA

Celebramos o día de ROSALÍA DE CASTRO

O 22 de febreiro, celebramos o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, cun acto que recorda o nacemento desta escritora galega. Alumnado de 5º,  foi o encargado de presentar este acto no que se desenvolveron distintas actividades e que rematou coa poesía cantada " Teño tres pitas brancas e un galo negro" de Amancio Prada.

 

O Apalpador visita o colexio

 Quen é o apalpador?

      O vello Apalpador é  unha figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e aos nenos polas datas de Nadal. Até os nosos días amósase coma un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as súas barriguiñas. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

 

Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantáballes.

 

 Vaite logo, meu meniño (miña meniña)

marcha agora para a camiña.

Que vai vir o Apalpador

a apalparche a barriguiña.

Xa chegou o día grande

día do noso Señor.

Xa chegou o día grande

e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,

que haberá gran nevarada

e há vir o Apalpador

cunha mega de castañas.

Por aquela cemba

xa ven relumbrando

o señor Apalpador

para darvos o aguinaldo.

 

Hai moitos personaxes polo mundo adiante que traen agasallos aos nenos polo Nadal. Uns están representados como boa xente e outros como “os malos” mais case que todos teñen un tronco común, ben seguro que precristián.

Para saber máis sobre estes personaxes navega por este sitio no que atoparás cousas moi curiosas.

Fonte: https://www.apalpador.gal/quen-e-o-apalpador/orixes/

Rosa caramelo polo alumnado de 1º EP

Letras galegas 2019

A Real Academia Galega, propuxo a Antón Fraguas Fraguas como o homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2019.

Fraguas Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 - Santiago de Compostela, 1999) foi historiador, profesor e director e presidente do Museo do Pobo Galego, así como un dos fundadores da Sociedade de Lingua e membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos. Compaxinou o ensino coa investigación en contacto con institucións como o Instituto Pai Sarmiento ou a RAG, na que ingresou en 1956 no sitio que deixou Castelao. Recibiu, entre outros galardóns, o Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba e o Premio das Letras e das Artes da Xunta.

A RAG creou o Día das Letras Galegas en 1963, ano que se lle dedicou a Rosalía de Castro por cumprirse o centenario da publicación da súa obra 'Cantares Galegos'. Fonte: Faro de vigo

Distribuir contido