try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

POR FIN XUNTOS! COMEZAMOS O CURSO 2020-2021!

Dámosvos a benvida neste atípico curso que comeza con moitos cambios e novas normas para minimizar riscos e ter controlada a situación dentro do recinto escolar.

Un dos obxectivos principais no noso labor é axudar ao alumnado a tomar conciencia da responsabilidade individual e grupal que debemos ter todos/as nesta circunstancia. Sabemos que contamos coa colaboración da Comunidade Educativa, e queremos agradecer de antemán ás familias o cumprimento estrito das normas, que son a base para unha convivencia con responsabilidade.

Non dubidedes en preguntarnos calquera cuestión que vos inquiete, o Claustro somos coñecedores da intranquilidade que supón separarvos dos vosos fillos/as, e estamos á vosa disposición para proporcionarvos toda a información que precisedes. A seguridade dentro do colexio é unha prioridade para nós.

MOITO ÁNIMO E MOITA SAÚDE!