try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Visita Pontevedra

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º desprazamonos  ata Pontevedra para realizar unha visita guiada no Museo Provincial.

Como a entrada ao museo era ás 11:30, tivemos tempo para facer un percorrido polas rúas do casco vello e así poder contemplar a impresionante fachada de Santa María a Maior, a planta circular da igrexa da Peregrina ou prazas como a da Leña, as Cinco Rúas ou a da Ferrería.

Xa no museo , a visita guiada resultou  moi interesante e aprendimos unha morea de cousas sobre algúns pintores contemporáneos galegos.

 

       

                   Diante da Peregrina.                                        Polas rúas de Pontevedra.