Biblioteca

PAZOS DE ARZÚA E ARREDORES

En Primeiro xa empezamos a traballar no Patrimonio Cultural de Arzúa, empezamos polos PAZOS, un tipo de construción rural de determinadas características.

Se queredes ver máis preme na imaxe 

 

 

E como todo pazo ten o seu escudo, investigamos algúnha posibilidade do noso apelido

 

 

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS VERÁN

SEMANA DA IGUALDADE

 
Esta semana será moi difícil de esquecer, numerosas actividades cos nenos nenas do IES, unha charla na biblioteca con Eli Ríos, charlas e debates sobre a igualdade, tema que nos apasiona e interesa para erradicar a violencia de xénero,roles de xénero, estereotipos...
Por iso lle chamamos SEMANA DA IGUALDADE.

 

 
Para pechala fomos de  celebración  ao auditorio  da casa da cultura, un acto cheo de traballos xeniais de nenos e nenas de todos os niveis.
 
 
 


                                                                                  PROGRAMA:
 
  • Vídeo
  • Vídeo elaborado polos nenos e nenas.
  • Representación de diferentes contos sobre esta temática.
  • Cancion Ai de mín! 




Rosa Cajade de Slidely Gallery

 
 
 
 


 

COMPARTICONTOS DA IGUALDADE

Trátase dunha actividade entre cursos, na que  ocupamos todos os espazos exteriores do centro para que o alumnado dos últimos niveis realice dramatizacións de contos ou exposicións de interese aos nenos e  nenas da etapa infantil e de 1º,2º,e 3º de primaria.

Resultóu moi emocionante, tanto pola temática como, pola implicación que amosaron. 
Os maiores  aprecian este público especialmente e os pequenos permanecieron expectantes todo o tempo.
Para iniciar esta aventura solicitamos a maleta da igualdade ao CAFI, que nos aportou un fondo moi completo de libros que abordan este tema.
Coa chegada do material a coordinadora do programa Donas de Sí en colaboración coa Biblioteca déixanos elexir dous libros por clase para representalos este gran día. Logo xa está todo nas nosas máns...
 Entre os títulos traballados destacamos Aurea Rodríguez, a gaiteira, A vaca que puxo un ovo, A familia, A historia dos bonobos con lentes...
 
                              Que días máis estresantes!
 
Pero por fin xa é o gran día...
 
 
24 de abril, 12:30 da mañá
 

 

 

 
 

ENTROIDO 2018

É tempo de Entroido!

Os nenos e nenas de 4º A fixeron este mural adiacado ao noso Entroido, que leva por título: Entroido Máxico Galego! Moi fermoso!

 

Este ano chegou o CIRCO ao CEIP de Arzúa! Un circo cheo de personaxes, maxia, diversión e unhas fantásticas actuacións!

Os nenos e nenas de Educación Infantil aínda que son os máis pequenos e pequenas son os máis fortes! Xeniais eses forzudos e forzudas!

Todo circo está cheo de momentos graciosos que nos fan pasar os pallasos e pallasas. Así se presentaron os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria.

Cando estamos a ver un espectáculo tan xenial coma este circo tamén nos gusta entreternos saboreando unhas deliciosas Palomitas. Iso é o que pretenderon os rapaces e rapazas de 3º de Primaria.

Tamén nos gusta gozar dos animais, recordando que sempre se deben tratar con cariño e moito coidado. Para iso, apareceron leóns e leoas representados polos nenos e nenas de 4º A e 4º B.

Que sería dun circo sen maxia? e sen arlequíns? Iso conseguiron os nenos e nenas de 5º.

Por último, o alumnado de  6º A e 6º B fixéronnos gozar co seu espectáculo chamado "O Circo en Igualdade".

Parabéns! 

Aquí poderedes ver unhas imaxes do espectáculo!

 

 

DÍA DA PAZ 2018

O 30 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Paz e da Non Violencia.

Os alumnos de 5º A elaboraron este mural en conmemoración desta data e relacionado co tema anual do Circo.

 Aínda que se celebra o Día da Paz o 30 de xaneiro en honra ao pacifista Mahatma Gandhi (xa que foi o día que faleceu), a paz ten moitas máis historias e máis protagonistas.

No CEIP de Arzúa este ano traballamos a historia de Sadako Sasaki e a lenda das mil grúas. Cada nivel traballou a temática na súa aula, pero todos fixemos un montón de grúas, un dos símbolos da Paz.

 

Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima. Dez anos máis tarde, como consecuencia da irradiación diagnosticóuselle leucemia. Cando estaba no hospital, unha amiga faloulle da historia das 1000 grúas de papel: se desexas algo con moita forza e constrúes 1000 grúas de papel, os deuses concedernache un desexo. Iso intentou Sadako, pero faleceu antes de conseguilo. Simbolicamente, os seus amigos e amigas continuaron a súa misión coa esperanza de que se evitaran as guerras e se conseguise a paz no mundo.

Ademais, no salón de actos realizamos diversas actividades:

·         Visionado dunha curtometraxe explicando a historia de Sadako Sasaki e a Lenda das 1000 grúas de papel.

·         Lectura do noso Manifesto pola Paz tomando como referencia a Igualdade. Cada nivel leu o seu ademais e aportar as súas grúas de papel.

·         Cantamos todos xuntos a canción "Eu teño a alguén".

MULLERES BRAVAS DA NOSA HISTORIA

 
Un dos obxectivos deste proxecto é visibilizar e dar a coñecer o traballo e a labor das mulleres na sociedade, traballo e labor invisibilizado nos libros de historia, una invisibilidade que incide de maneira directa na discriminación da muller que se perpetúa de xeración en xeración. As mulleres, ademáis de nais, coidadoras e productoras, tamén realizaron unha importante labor no desenvolvemento político, científico, social e económico. Se entre os feitos históricos temos só en conta as actividades como a guerra e non a producción de roupas e alimentos, a posesión de propiedades en vez da producción e o traballo, se olvidamos os coidados, a muller quedará fora. Necesariamente ten que haber una transformación da nosa visión do mundo e da historia.
Poucas son as mulleres que aparecen nos libros de texto d@s nos@s escolares, privando ás nenas de referentes culturais e científicos femininos, por iso a gran necesidade de introducir material coeducativo nas nosas escolas.
Mulleres Bravas da Nosa Historia é unha colección de libros infantís orientados a dar a coñecer a achega á nosa cultura e ao noso país dunha serie de mulleres fundamentais na nosa historia e sociedade
 

 

 Empezamos coa lectura da vida e obra de María Victoria Moreno, profesora, escritora e ensaista elexida como autora do Día das Letras Galegas 2018. Seguiremos con Rosalía de Castro, Maruja Mallo, Xulia Minguillón, etc, etc.

NADAL 2017

Aquí vai unha imaxe resumo do Nadal 2017.

*Máis información no blog da nosa biblioteca.

Tamén vos amosamos as recomendacións de lecturas para este período de Nadal.

Recalcamos á autora María Canosa posto que para o mes de febreiro visitará o noso centro.

NO DOCUMENTO ADXUNTO PODEDES CONSULTAR CON MAIOR CLARAMENTE O DÍPTICO DE LECTURAS RECOMENDADAS!

 

DÍA DA INFANCIA

O 20 DE NOVEMRO CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DO NENO/A.

AQUÍ VOS AMOSAMOS OS NOSOS TRABALLOS.

*Máis información no blog da bibio.

MAGOSTO 2017

Este curso, o alumnado de 6ºB foi o encargado de realizar o mural que decorou a entrada do noso centro.

Por outra parte, preparouse o patio para comer as castañas e os mestres de Educación Física organizaron diferentes xogos populares polos que pasou todo o alumnado.

Pasámolo moi ben!

Aquí unha imaxe dos diferentes momentos.

*Para máis información non dubides en visitar o blog da nosa biblioteca.

 

Powered by Drupal - Design by artinet