1º e 2º nivel de Primaria

FLIPPED CLASSROOM: segunda misión.

 A segunda misión do noso proxecto de Plantas contra animais desenvólvese no Mar Caribe, concretamente nun barco de piratas.

 

Para rematar a misión  terán que enfrentarse a realizar unha tarefa cooperativa, traballo en equipo de seis, que consiste en elaborar unha presentación de como se nutren as plantas.

Ademais elaborarán un vídeo, despois de facer un debuxo esquemático que o explique, un disfraz de pirata e unha exposición oral en língua galega

 

 

 

 

 

IMOS XOGAR COAS IMAXES EN 2º NIVEL DE EP

HOXE ESTIVEMOS A TRABALLAR COA INTERPRETACIÓN E A MENSAXE DAS IMAXES, O SEU SIGNIFICADO, O QUE CHE SUXIREN, O QUE CHE QUEREN DICIR...

FIXEMOS ESTAS FOTOGRAFÍAS PARA DARCHE ENTENDER NO QUE IMOS EMPEZAR A TRABALLAR ESTE MES DENTRO DA AULA...

ROCHAS E MINERAIS, unha actividade no 2º nivel de EP

Ímosvos falar dunha mañá moi productiva de contidos e un maior coñecemento sobre as rochas e os minerais, grazas ao traballo desinteresado dun pai que nos trouxo un montón de novidades e información a nosa clase de ciencias.

Falamos de rochas, minerais, tipos de rochas, fallas, placas tectónicas, volcáns , terremotos, tsunamis, mapas xeolóxicos ...experimentamos e saboreamos a tectónica de placas e deixamos un aberto para observar día tras día e facer apuntes sobre o que acontece hora tras hora...

Desfrutamos un montón e tivemos a gran sorte de ver en directo unha fermosa colección de minerais, ademáis xogar a adiviñar que tipo de rochas tendo en conta as características que estudamos, sempre apoiados de Gea, unha fantástica personaxe que sabe moito!!!!

Quedámonos con varias cousas claras:

  • Non é o mesmo rocha que mineral.
  • Tipos de rochas que hai: ígneas, sedimentarias e metamórficas.
  • Tipos de rochas ígneas: plutónicas e volcánicas.
  • Existe un ciclo de rochas, como a vida mesma.
  • Mapas xeolóxicos a nivel mundial e de Arzúa cunprograma chamado gvSIG.
  • Como se forman as montañas e as cordilleiras co movemento das placas tectónicas.
  • Aprendemos que se pode aprender desfrutando e saboreando (comemos placas tectónicas untadas e rico magma ).

E para deixalo máis claro apoiámos toda a experiencia con imaxes!!!

 

 

E para fixar máis e mellor os contidos fixemos varios experimentos:

  • Movemento de placas tectónicas:

  • Mármore atacado por un ácido..observación directa para saber que pasará? 

 

FLIPPED CLASSROOM EN 2º NIVEL

Estamos adentrándonos nunva nova metodoloxía, a do FLIPPED CLASSROOM ou aula ao revés contando sempre coa colaboración e a implicación das familias do alumnado deste nivel.

Con motivo dos contidos de CN e CS referidos ao mundo dos seres vivos, tanto animais como plantas, e a distribución territorial dos noso país.

Están superilusionados xa que o premio ou recompensa é elaborar un xogo de preguntas e respostas para retar aos outros equipos da clase participantes!!!

 

Resultado de imaxes para animal contras zombies

Trátase neste proxecto de superar diferentes retos, para poder recibir insignias que nos acrediten como gañadores dun reto ou proba.

O primeiro reto situase en Exipto, polo que a derradeira proba de traballo cooperativo  consiste en elaborar un LAPBOOK en forma de pirámide, sobre os contidos tratados no reto 1

Mirade que chulos nos quedaron os noso primeiros LAPBOOKS!!!

Un bo resultado dun bo traballo en equipo!!!

O MEU DIARIO

Dentro do plan escritor, no segundo nivel de EP, toca traballar o diario.

Consiste en contar dia a día o que facemos, o que sentimos, como sentimos ... un sinfín de impresións que queiramos compartir co noso novo e confidente amigo, o DIARIO.

Cada neno/a deste nivel creou o seu diario, utilizando as diferentes técnicas traballadas na aula como o scrap, os debuxos, os diferentes tipos de letras e cores...quedaron fermosísimos traballos como vedes na foto...

 

que nada máis chegar das vacacións compartimos cos compañeiros/as da clase

 

Deixámosvos algúns exemplos

 

XA CHEGARON OS REISES EN 2ºA

Xa é mércores 8 de xaneiro, xa empezan de novo as clases e vaia sorpresa nos agardaba ao entrar na clase!!!!

Un agasallos que nos trouxo a nosa profe que deixaran os Reis Magos para nós!

Grazas!!

 

E ao abrilos!!!!!

Material para traballar e aprender máis en todos os ámbitos, tanto científico como personal!!!

ANIVERSARIOS DE INVERNO NO SEGUNDO NIVEL

No mes de decembro celebramos a primeira festa de aniversarios deste curso 2019-2020.

Somos oito os e as que nacemos dende agosto ata decembro!

Cantamos, bailamos, comemos e brindamos!!! Toda unha festa de dez!
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SEGUIMOS CARTEÁNDONOS CUN COLEXIO DE A CORUÑA

Os alumnos e alumnas de 2º nivel do cole CEIP Aneja de Prácticas de A Coruña felicitounos cunha fermosa postal navideña individualizada e personalizada...

 

e dentro fermosas mensaxes cos mellores desexos para estas datas...

 

 

 

 

 

 


Nós tamén lle enviamos unha por correo postal, fumos a oficina de correos...mellor   dito enviamos a un duende.

Agardamos novas de cando lles cheguen!!!

 
 
Un traballo ben feito en equipo, poñendoen practica as TICs!!!!!
 
 

TALLER CON XEOMETRÍA COMESTIBLE en 2º nivel de Primaria

Quen dixo que a xeometría comestible non existe?

Par levar a cabo isto só necesitamos pauñios de de dentes ou de brochetas e ... comida!!! Sí, si froita ou chuches, a elexir!

Empezamos xa!!!!!

Primeiro libremente experimentarán cos materiais creando figuras ou corpos xeométricos, por equipos fomentando o traballo cooperativo. Logo examinaremos e comentaremos as formas creadas facendo énfase nos diferentes elementos a traballar en xeometría como lados, vértices, caras, aristas, base...Elaboramos fichas das diferentes formas que sairon: polígonos como triángulos, cuadrados, rectángulos, rombos, pentágonos, exágonos...e corpos xeométricos como pirámides, prismas... tetraedros, cubos, e composicións varias. 

Foi super interesante todo o que aprendemos, e ramatamos a sesión cunha pequena degstación da xeometría , bueno , mais ben dos conectores da xeometría!

 

 

 

 
 

HALL ROOM NO SEGUNDO NIVEL DE PRIMARIA

Antes do Nadal sempre facemos unha actividade lúdica como premio ao traballo ben feito no trimestre.

Fomos a COCOROOM, en Santiago de Compostela para facer unha actividade de SCAPE ROOM/HALL ROOM.

Alí, Iván, o noso game master, explicounos as normas de como xogar e logo adentrámonos no Cairo, en Exipto.

Na actividade EXPLORADORES EN O CAIRO, partese de que o Val dos Reises non é un lugar seguro, xa que os últimos descubrimentos arqueolóxicos no Deserto do Cairo fixeron que aumenten os grupos de mercenarios/exploradores na procura de novos tesouros cos que poder traficar por todo o mundo a través do mercado negro. O noso obxectivo  é poñer a salvo eses tesouros. Pero temos que ter presente que se esconden numerosos perigos.

Fixemos catro equipos, os mesmos que temos na clase para o festival de Nadal: Frozen, Peter Pan, Libro de la Selva e A sereíña  e fomos quen de atopar os tesouros ...os vasos canopos que xunto cos logros do outro equipo seriamos capaces de abrir a caixa onde se gardan os tesouros de O Val dos Reises.

Powered by Drupal - Design by artinet