1º e 2º nivel de Primaria

DÍA MUNDIAL DO SINDROME DE DOWN, 21 de marzo

 

Hoxe é o Día Mundial do Síndrome de DOWN.

A mestra Ana, especialista de PT e mais eu deixámosvos que disfrutedes moito desta canción da Banda da Loba, que foi creada para Juanito, un neno con Síndrome de Down.

Nós non tivemos un Juanito, pero si tivemos a un Borja, un Óscar ou unha Déborah, aos  cales lles encanta a música e dos e da que aprendímos moito e sobretodo recibimos moito cariño.

 Por todos eles/as e por todos/as nós HOXE QUEDAMOS NA CASA.

 

 

 Ademais dun conto para emocionarse:


 

E para rematar engadir as fotos que nos están chegando dos alumnos e alumnas de segundo co 

#TanDiferentesComoIguais #CalcetinsDesparellados

 Aldara

 Diego

Antía

Chamira

 

Iván

Paula

 

Ruth 

 

Samuel

 Efrén

 

Ainhoa

Rosa

 

Uxía

Ana

 Carme

 

Leo

 Mariña

 

Nuria

Lucía

Iago

Jorge

 Manuel

Noa

 

 

DÍA DA FELICIDADE NO SEGUNDO NIVEL DE PRIMARIA, 20 DE MARZO

Xa estamos a 20 de marzo e chegou o momento da celebración do DIA DA FELICIDADE dunha maneira especial, dada a situación de estado de alarma que estamos vivindo.

Co hashtag #Euquedonacasafeliz, mandamos fotos dende a casa para celebrar este día e transmitir que seguimos alegres e felices por que imos saír desta:

 

 

 

  

 

DÍA DO PAI OU DOUTRA FIGURA MASCULINA NO SEGUNDO NIVEL

 

Un merecido detalle aos PAPIS OU FIGURA MASCULINA , feito con moita ilusión e de corazón polos vosos fillos e fillas que o dan todo por sorprendervos 

 

MATERIAIS DE MATEMÁTICAS PARA 1º DE PRIMARIA

MATERIAL PARA TRABALLAR MATEMÁTICAS DE 1º DE PRIMARIA

Achéganse materiais para traballar matemáticas de 1º a través de tarefas como resolución de problemas con decenas e unidades de sumar e restar sen levar, numeración de decenas con series de maior a menor (e viceversa), de dous en dous, de cinco en cinco...e sumas e restas sen levar.
Lembrade que cada alumno/a ten o seu ritmo de traballo e aprendizaxe.
Un saúdo e moito ánimo.


 Caderno de matemáticas :  http://www.primerodecarlos.com/julio/cuadernos_mates_primero/cuaderno2.pdf

 Problemas de matemáticas: https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2014/06/Coleccio%CC%81n-de-problemas-para-1%C2%BA-de-Primaria.pdf

MARELA QUEDA NA CASA...!!!

Ola a todas e a todos os deportistas do Ceip de Arzúa!!!

Marela tamén se sumou ao reto de... QUÉDATE NA CASA!!

Sabe que durante este tempo de confinamento temos que seguir traballando telematicamente dende a casa e que de momento non podemos compartir xogos cos nosos amigos e amigas. Pero como bos e boas deportistas que somos ten moi claro que imos a conseguir este novo RETO porque a través do DEPORTE aprendimos  os valores esenciais para acadalo:  COMPAÑEIRISMO, COOPERACIÓN, TRABALLO EN EQUIPO, DEPORTIVIDADE, XOGO LIMPO.....

Se estes valores os envolvemos coa SOLIDARIEDADE, seguro que GAÑAMOS ao noso adversario o CORONAVIRUS.

Marela vainos acompañar durante a nosa permanencia na casa con consellos saudables e lúdicos.

Vos tamén podedes colaborar con Marela e mandar consellos saudables!!!!

 Mirade, mirade...... o que nos deixou....

TAREFAS de INGLÉS PARA 1º e 2º (PRIMEIRA SEMANA)

Para seguir as tarefas de 1º e 2º de Ed. Primaria dirixídevos ao blog: http://5fivecorners.blogspot.com/2020/03/estimadosas-pais-e-nais-de-1-e-2-de-ed.html#comment-form

See you there!!!

DÍA DA POESÍA 21 DE MARZO

O positivismo e optimismo destes días para levar mellor o confinamento, os nenos e nenas de segundo nivel están creando poemas adicados ás boas prácticas para fomentar a responsabilidade e saír canto antes desta situación:

Pouco a pouco estanme chegando as propostas:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ORGANIZACIÓN DO TELETRABALLO PARA ALUMNADO DE 2º NIVEL EP

Co motivo da declaración en ESTADO DE ALARMA, procedo a deixar plasmada a organización,  seguindo as indicacións propostas pola Consellería de Educación, para levar a cabo o teletraballo co meu alumnado de 2º nivel de EP, así como tamén facer o seguimento das tarefas propostas por medios telemáticos, dos que disponemos.

Seguiremos un esquema de traballo ao longo, polos menos de 15 días. Cada neno/a elaborará o seu horario seguindo un modelo que envío nun archivo, xa que vai depender dos horarios das súas familias, que moitas delas teñen que ir a traballar. É polo tanto un horario flexible ao longo de todo o día.

Despois de mandarlles unha cuña radiofónica onde puxemos os cronómetros a cero para empezar esta nova experiencia obrigada por un virus, o COVID19.

Os medios que empregaremos para o noso teletraballo serán a páxina web do centro, o meu correo electrónico,  videoconferencias por SKYPE en grupo para solventar dúbidas dos temas tratados, teléfono móbil  ou whatsapp. Como titora estarei a vosa disposición dentro do horario que concretaremos segundo as necesidades das miñas familias. Faremos unha programación semanal e para levala a cabo realizaremos traballaos nos didtintos medios a nosa disposición como apps, xogos interactivos, vídeos e diferentes metodoloxías como Flipped Classroom e outras. Así como tamén páxinas webs creadas por esta situación tan extraordinaria que estamos vivindo, na cal colaboro con outros mestres/as , con moitas gañas de seguir aprendendo: Aulas Galegas

                                

Despois de haber mandado a primeira batería de actividades para estes días e á espera de que me remitan as actividades feitas:

Empecei por expoñer unha sería de posibles actividades para facer hoxe mentres que agardamos, xa que quero coordinar con todo o equipo docente do Segundo nivel, é dicir , todos e todas as mestras que lle dan clase :

*Facer o menú das comidas de toda a semana, para repasar contidos sobre un dieta sana . Tedes liberdade de facer uso da creatividade e dos materiais que dispoñan na casa, pode ser nun folio, cartulina, cartón etc ... a finais de semana mandádesmo para a publicación web…

*Inventar unha canción ou un poema en galego para lavar as mans axeitadamente. Así se lles axuda a concienciarse! E asi tamén cubrimos o DIA DA POESÍA que é o 21 de marzo e a chegada da primavera: mandar a letra da canción ou do poema en formato papel e o vídeo da sus interpretación , xa sexa canción ou poema, así traballamos a expresión oral en língua galega !!!

*Crear un superheroe ou superheroina, para elaborar unha pequena narración (conto ou cómic) de cando se encargan de facer tarefas diarias na casa para axudar aos adultos, sentirse útiles e ocupados.

*Escribir no diario de cousas graciosas ou inquedanzas que vos pasan pola cabeza que pasaron nese día. Así aproveitamos o diario.


NON ESQUEZADES o tema 8 de CS para repartir ao longo destes 15 días rematando coa elaboración dun mapa conceptual sobre o Sistema Solar ... en folio ou en cartulina de calquera tamaño con ilustracions , debuxo ou fotos

***TODAS ESTAS TAREFAS PODÉDESMAS ENVIAR AO LONGO DA SEMANA POR MEDIOS TELEMÁTICOS.

 

E SEGUIMOS EN CONTACTO!!!!!! pero a partires de hoxe na lapela da dereita, DEPARTAMENTOS-1º e 2º nivel de primaria (picando nesa orde)

MATERIAIS PARA TRABALLAR A Lectoescritura en primeiro de primaria

Achéganse materiais para traballar a lectoescritura pensados para nenos e nenas de primeiro de educación primaria.

Powered by Drupal - Design by artinet