1º e 2º nivel de Primaria

MATERIAIS PARA TRABALLAR A Lectoescritura en primeiro de primaria

Achéganse materiais para traballar a lectoescritura pensados para nenos e nenas de primeiro de educación primaria.

RECOMENDACIÓNS PARA O ALUMNADO DE PRIMEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Prezadas familias:

Tendo en conta a suspensión das clases  establecida pola Xunta de Galicia e a suxestión de favorecer, na medida do posible, a continuidade do traballo curricular durante este período, como titor dos seus fillos/as, achégolles as seguintes recomendacións:

Sería conveniente que os seus fillos/as dedicasen durante estes días un tempo a repasar os seguintes aspectos:

Todos os días, se é posible, dedicación á lectura. Lembrarlles a importancia da lectura diaria, coidando a compresión do que len e, cada vez máis, a fluidez. Incluso poden compartir con eles e elas dita lectura e “ir a medias”, sendo sempre respectuosos co nivel lector en que se atopan. Para iso, deberán ter en conta os seguintes puntos.

-          Respectar as pausas ao ler.

-          Ler entonando correctamente.

-          Vocalizar ben durante a lectura en voz alta, coa velocidade e entonación axeitadas, marcando os puntos, sen interrupcións nin retrocesos.

Que resuman, de xeito oral e en poucas palabras, aquilo que leron; ou ben que respondan a preguntas sobre o lido.

Escritura de varias frases copiadas do material que se irá achegando.

Pequenos ditados de palabras (palabras con br, gr, pl, tr, bl, mp, mb, g, gu, ce, ci, z, r, rr…

Observar o cumprimento das seguintes reglas:

Emprego das maiúsculas (ao principio das frases, en nomes propios e despois de punto).

Emprego do punto final nas frases.

Escritura correcta e lexible.

 

Progresivamente iranse recompilando diversos materias e recursos para imprimir ou traballar en rede que permitan traballar estes e outros aspectos.

 

SEMANA DA PRENSA NO SEGUNDO NIVEL

Do 9 a0 13 de marzo levamos a cabo no centro a SEMANA DA PRENSA, onde nos achegamos a este medio de comunicación colectivo, de masas. Facemos fincapé na elaboración das novas, partes, personal que se encarga de facelas (reporteiro/a, periodista, corresponsal, ...)

Na aula xa levamos lendo a prensa tanto en papel como en formato dixital para achegarnos á actualidade, necesitamos estar informados do que ocorre ao noso arredor.

Hoxe elaboramos a nosa nova, cada neno/a cunha partilla despois de ler, recortar, estudar diferentes novas feitas por verdadeiros e verdadeiras profesionais deste medio fixo a súa:

 

 

 

 

 

 

UN 8 de MARZO DE CINE: FAI QUE SEXA REALIDADE ESTA PELÍCULA

Os nenos e nenas de 2º nivel de EP estivemos traballando conceptos de igualdade na aula, o lema NIN MENOS NIN MÁIS, IGUAIS! fai que rematemos cuns vídeos que tratan esa igualdade, esa capacidade  de poder elexir e ser o que queiramos, independentemente do sexo e de estereotipos.

O argumento desas dúas películas que fixemos teñen que durar e perdurar no tempo, non só o 8 de marzo, senón que os demais 364 días restantes do ano, ou 365 se é un ano bisesto!

 

 

 
 
 
 
 

UNHA DE CINE NO SEGUNDO NIVEL!!!

Este ano, como xa dixemos moitas veces , o tema central é o CINE, polo que imos facer unha película onde participaremos desempeñando papeis como directores e directoras, guionistas, maquilladores ou maquilladoras, deseñadoras ou deseñadores, sonistas, técnicos o técnicas de iluminación...

No primeiro momento deseñamos os personaxes da mesma, facéndoos de plastilina: xa temos varuos bocetos en papel e tridimensionais:

 

 

 

Xa estamos familiarizándonos co  STORYBOARD, como segunda fase do proxecto.

 

 

 

 

 

 

Nun terceiro paso, toca decidir o escnerio onde se vai desenvolver a acción que quieramos levar a cabo na película e gravar as escenas predeseñadas no storyboard:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DON QUIXOTE OU ...UNHA MULLER!!!!

Estamos traballando e investigando sobre o Día do libro, xa que nos tocou o mural de entrada para esa conmemoración. Esta data ven marcada polo falecemento nese día de Miguel de Cervantes e de William Shakespeare.

Polo que empezamos a ler O QUIXOTE e facer a nosa interpretación creando as nosas propias historias con personaxes femininos, que tamén poderiamos ser  outras personaxes ademáis de belas doncelas!!!

A nosa imaxinación voa dunha maneira supersónica e teremos nuns días a creación de 23 obras de creación propia de cada rapaz ou rapaza de 2º nivelde primaria:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DIA 8 DE MARZO; DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O Día 8 de marzo é unha data a celebrar, pero non só un día ao nao, senón con asiduidade ao longo das nosoas vidas. Toda muller e todo o home ten dereito a ser libre é igual, poder facer o que máis lle guste sen ter que depender do seu sexo. 

No segundo nivel traballamos mulleres de un pasado e dun presente para visualizar o papel importante da muller ao longo da Historia. Queremos destacar o papel dunha muller guerreira , que fixo o seu oco nun mundo tradicioanalmente masculino.

Traballamos a Hedy Lamarr, Alice Guy, Audrey Hepburn, Benedicta Sánchez e Lidya Vieiga.

 

 

8 DE MARZO: Día da muller traballadora en 2ºnivel de EP

No 2º nivel imos estudar a figura de Audrey Hepburn, unha actriz que loitou pola igualdade de oportunidades e colaborou con moitas entidades benéficas para axudar aos demais, sobre todos aos nenos e nenas cunha participación moi intensa en UNICEF.

Para saber mais preme na imaxe:

 

Este ano todo é cine polo que investigaremos sobre a figura desta actriz de cine!!

 

 

A INVASIÓN DOS E DAS MINIÓNS NO NOSO COLE

Eran as 12:15 horas do 21 de febreiro cando un grupo de 23 minións tomaban o noso centro, primeiro a aula, logo a biblioteca e remataron polo pavillón do Viso...para levar a cabo a súa misión: unha danza típica do seu país A PAPAIA!!!

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet