1º e 2º nivel de Primaria

VÍDEOS PARA VER E TRABALLAR NO 2º NIVEL DE EP

O esquema de traballo sempre vai ser o mesmo nesta actividade:

  • Visionado do vídeo
  • Comprensión dos contidos que se tratan
  • Elaboración de mapas conceptuais do tratado, tanto en LG como LC.

PRIMERA ENTREGA:

 

SEGUNDA ENTREGA:

TERCEIRA ENTREGA:

CUARTA ENTREGA:

 

ANIMAIS, PLANTAS CONTRA ZOMBÍS

Na materia de CN e CS, estabamos levando a cabo un proxecto poñendo en marcha un método de innovación, o FLIPPED CLASSROOM.

Só poñervos a presentación coas actividades, e a seguir xogando, aprendendo, gañando insignias e superando os retos que se propoñen. lembrarvos que estabamos na MISIÓN 8, a ver que é de rematar este xogo con éxito chegando ata o final!!!! 

Dígovos un segredo?  Todos e todas chegaredes, diso estou moi segura!

 

 E como sempre,

NON ESQUEZADES MANDARME O TRABALLO FEITO DE CADA MISIÓN PARA EU

ENTREGARVOS AS INSIGNIAS PARA O CADERNO DO COLE!!!!

MEDRAMUSEO, unha proposta do programa de enrequecemento no 2º nivel de EP

 

       Dentro do RINCON DE ARTE, poñeremos en marcha diferentes técnicas artísticas como puntillismo, cubismo, collage, pinturas con témpera, ceras, rotuladores, pinturas pastel, entintado…  para levar a cabo dentro da aula, cando esta situación de alarma remate, e como reto final desta actividade faremos o Medromuseo, con todo o que iso implica (exposición das obras, visitas guiadas, invitacións…), facendo unha exposición coas reproduccións da obras elexidas polo alumnado empregando diferentes técnicas. Nesta actividade estudarase o Museo do Prado, facendo visitas virtuais, estudo e reproducción das obras que decida o alumnado.

   Para traballar esta proposta, dispoñeremos de dous tipos de recurso:

  •  un PDF coas obras máis coñecidas, pero non teñen que ser as máis interesantes, para que elixa o alumnado dúas delas
  • unha FICHA para cumprimentar con información das obras elexidas. Estas obras son suxerencias, as que se elixan serán decisión do alumnado despois da investigación e o paseo virtual polo museo do Prado.

     O material veralo premendo na imaxe e nos arquivos adxuntos desta entrada:

 

 

Ánimo e por O NOSO MEDRAMUSEO!!!!

 

De todas formas ide enviando as vosas obras por medios telemáticos, tal como quedamos e iremos avanzando a oferta de pinturas do noso museo.

 

Empezamos a visita...canta xente!!!!

 

Shsssssssssssssssssss!!!

gardamos silencio e ...observade e lede, que non se vos escape nada!

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

TAREFAS de INGLÉS PARA 1º e 2º (SEMANA do 23 ao 27 de marzo)

Ben queridas e queridos rapaces e rapazas,

Agardo que todo siga ben e que levedes o mellor posíbel o de pasar todo o día na casa, procurade mantervos entretidas/os pero tamén exercitando a mente un pouco. Con ese fin, aquí vos deixo as tarefas para esta semana de inglés:

            5Five Corners

 

O PAÍS DO FURADO, unha idea fantástica en equipo no 2º nivel de EP

A mestra Ana, de PT, retounos a unha actividade de Língua Galega super interesante, sobre un libro titulado O PAÍS DO FURADO.

  1. Escoita do conto premendo na imaxe da portada
  2. Exercicio de comprensión e expresión oral
  3. Ilustración de tal como se imaxina o conto para logo comparalas coas ilustracións do conto.

  

As nosas ilustracións suxeridas despois da escoita:

OUTROS RECURSOS. PRIMEIRO DE PRIMARIA.

o Ministerio de Educación e RTVE veñen de implementar unha programación con contidos educativos de 6 a 16 anos. Nesta ligazón pode verse a explicación e o cadro horario:

Aprendemos en casa

RTVE lanza tamén unha ferramenta educativa para as familias centrada nos nenas e nenos de 3 a 10 anos: EDUCLAN.

Tamén a TVG2 emitirá contidos educativos de luns a venres e de 11:00 a 13:00. Máis información.

Ademais, no seguinte enlace pódense atopar diversos recursos e materiais educativos de interese: aulasgalegas

Lembrarlles, unha vez máis, a importancia da lectura diaria seguindo as indicacións achegadas anteriormente.

Dado que estamos a vivir unha situación excepcional, o que se pretende é ofrecer un banco de recursos a disposición das familias para ir empregando segundo as necesidades.

Sen máis, reciban un saúdo cordial.

O titor de primeiro.

MATERIAIS PRIMEIRO DE PRIMARIA

Achéganse diversos materiais para continuar traballando as competencias e contidos propios das áreas de Lingua Castelá, Lingua Galega, Ciencias Sociais e Ciencias Naturais.

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

https://youtu.be/Fqqe0N--Q9Q     Canción notas musicais

https://www.youtube.com/watch?v=aWAEaBDSjOs&feature=youtu.be       Figuras musicais

https://www.youtube.com/watch?v=aXZWgOf2lSA&feature=youtu.be      Percusión corporal

https://www.youtube.com/watch?v=Ag0kNzNTWL0&feature=youtu.be    Instrumentos musicais

Os videos traballarase de tres formas diferentes:
1º lendo os ritmos ( lembrade que na branca leemos ta-a)
2º Facendo o ritmo con palmas
3º Facendo o ritmo cun instrumento que teñades na casa ou con materiais a modo de instrumentos( pode ser con culleres de pau a modo de claves, percutindo cun lápiz na mesa ...)

https://www.youtube.com/watch?v=4vZ5mlfZlgk

https://www.youtube.com/watch?v=cHad-I5AJT0&t=2s

https://www.youtube.com/watch?v=rf5rcXhGPps&t=4s

https://www.youtube.com/watch?v=oAsimwk7DMs

https://www.youtube.com/watch?v=atJwDcixht0&list=PLCg_gxMwGCXnAmGlEwkdn8tmsShI18MaK&index=51


Completade os vagóns musicais con figuras que coñecedes: branca, negra, parella de corcheas e silencio de negra.

http://ovonok.hu/wp-content/uploads/2014/11/ritmus-vonat.png


Canción para facer con palmas : https://www.youtube.com/watch?v=9fn1Rzpjjl4

ORGANIZACIÓN DO TELETRABALLO PARA ALUMNADO DE 2º NIVEL _semana do 23 ao 3 de abril

 

Co motivo da declaración en ESTADO DE ALARMA, procedo a organizar  seguindo as indicacións propostas para levar a cabo o teletraballo co meu alumnado de 2º nivel de EP, así como tamén facer o seguimento das tarefas propostas por medios telemáticos, dos que disponemos.

         Xa estamos na segunda semana de confinamento, a primeira foi excepcional no voso traballo e colaboración co seguimento. Estou moi orgullosa de vos!!!E das vosas familias, que teñen que facer moitos traballos á vez!

 

Lembrádesvos cando vos dicía que tedes moita sorte de ter a FAMILIA que tedes?  Pois esta é unha das probas, estar ao voso carón, alongando a súa xornada de traballo respondendo as tarefas dunha profe, colaborando, ás veces disculpándose por no ser capaces de seguir o ritmo porque a sua xornada de traballo non llo permite por estas condicións tan excepcionais…

 

Unha vez máis GRAZAS FAMILIAS!

 

Os vosos fillos e fillas son así porque son o voso reflexo!!!

 

Os medios que empregaremos para o noso teletraballo serán os mesmos, a páxina web do centro, videoconferencias por SKYPE en grupo para solventar dúbidas dos temas tratados, teléfono móvil  ou whatsapp. Como titora sigo estando a vosa disposición dentro do horario que concretamos segundo as necesidades das miñas familias.

 

A batería de actividades para esta semana, seguindo a metodoloxía FLIPPED CLASROOM serán para cada materia, adaptando este sistema a esta situación que nos toca vivir:

 

·       LC, LG, CN, CS: Visionado de videos e elaboración dun mapa conceptual ou esquema do estudado. Traballo por retos ou misións nalgúns casos. Lecturas propostas. Fichas resumo de temas.
·    MEDROMUSEO, un proxecto integrado dentro do programa de enrequecemento da clase, onde nos imos adicar a investigar e a visitar virtualmente o Museo do Prado.
·   Repaso da táboa de multiplicar cos xogos e apps enviados.

 

TRABALLO DE APOIO:

 

*   

Traballo complementario de Matemáticas nas fichas de Santillana para repasar os contidos traballados ao longo deste curso.

Traballo complementario de Lengua nas fichas de Santillana para repasar os contidos traballados ao longo deste curso. 

*   Aula virtual do cole   

 

****Adxuntarei as actividades mencionadas para completar este plan de traballo en diferentes entradas tanto na web do centro como por outros medios telemáticos, ao longo destas dúas semanas. Aínda así, dada esta situación excepcional de estado de alarma,  as familias poderán dispoñer do  material para traballar segundo o ritmo, a diversidade do alumnado e a situación personal de cada familia.  E eu, como titora, seguirei estando a vosa disposición ante calquera dúbida respecto a isto, tal como levamos facendo.

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Queridas familias:

Un agarimoso saúdo da profesora de Relixión dos vosos fillos e fillas. Sen ánimo de sobrecargar de tarefas aos nosos nenos e nenas, simplemente de xeito opcional e voluntario, e como unha materia máis do currículo escolar, non obrigatoria, ben é certo, aquí vos deixo algunhas propostas de actividades que pode levar a cabo o alumnado matriculado na mesma.

 

Moito ánimo e confianza nunha recuperación rápida da normalidade nas nosas vidas. 

 

Para o alumnado de Relixión de 1º e 2º propóñolles ver unha pequena película sobre a historia da Semana Santa e facer unha actividade titulada "O cesto dos bos desexos", no que cada neno e nena escribirá nuns ovos de pascua unha mensaxe especial para a persoa destinataria do mesmo: un amigo, unha amiga, os avós, as avoas, as nais, os pais...en definitiva, para quenes eles desexen. En canto ao material necesario para facela a parte do lápis e as pinturas, poden realizar a cesta e os ovos en papel ou en cartulina. Lembrade que non son actividades obrigatorias senón suxerencias de traballo para quenes poidan e queiran facelas.

 

 

 

 

DESCARGA AQUÍ A ACTIVIDADE DA CESTA DOS BOS DESEXOS

Powered by Drupal - Design by artinet