O mércores 8 de maio visitounos CARDIO, o protagonista do Proxecto de Saúde Integral (Programa SI!) dirixido polo cardiólogo Valentín Fuster e promovido polo Concello, no que participan os alumn@s de Educación Infantil e as súas familias durante este curso 2012-13.
O obxectivo deste programa é previr a obesidade infantil e as enfermidades cardiovasculares mediante a adquisición de hábitos saudables.
Traballamos a alimentación, a actividade física, o coñecemento do corpo e a xestión das emocións.
Xunto con Cardio visitáronnos o alcalde e a concelleira de educación do noso concello, xa que o acto celébrase dentro da Semana da Saúde, na que participan os centros educativos que desenvolven o Programa SI!
Facede clic nestes enlaces para ver as fotografías e as reportaxes nos medios de comunicación (tve1 e telemiño)