Skip to Content

Secretaría

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25

 

PROCESO DE ADMISIÓN

 

Normativa de aplicación

INFORMACIÓN CURSO 2023/24

 

 

REPARTO LEITE 5 ABRIL Ó 3 MAIO

Como xa sabedes este curso continuamos o Programa escolar    
de Froitas e Leite, subvencionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).
No período comprendido dende o 5 de abril ó 3 de maio repartiremos nos recreos leite en envases de 200 ML entre o alumnado de Infantil e Primaria.
AVISADE SE HOUBERA ALGUNHA ALERXIA OU INTOLERANCIA (TAMÉN HAI UNIDADES DE LEITE SEN LACTOSA SE FORA NECESARIO).
AS COMUNICACIÓNS A TRAVÉS DAS TITORAS/ES OU NO CORREO ceip.curros.ourense@gmail.com

 

 

ADMISIÓN: XORNADA DE PORTAS ABERTAS 27 FEBREIRO

 

O vindeiro martes 27 de febreiro celebraremos unha "Xornada de Portas abertas" para as familias que valoren presentar solicitude de admisión no CEIP CURROS ENRÍQUEZ.

A "Xornada de Portas abertas" comezará ás 16:30 h.

 

 

 

LIBROS DE TEXTO 2023/24

FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E AXUDAS LIBROS TEXTO E MATERIAL 2023/24

 ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedementoED330B, ED330G e ED330H). DOG 19/5/2023.

 

TIPOS DE AXUDAS

Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria no vindeiro curso.

Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria e Educación Especial no vindeiro curso.

LISTADOS DEFINITIVOS ADMISIÓN CURSO 2023/24

Publicadas as listaxes definitivas de admisión alumnado para o curso 2023/24. Poden consultarse no taboleiro do centro ou ben en AdmisionAlumnado con certificado dixital ou chave 365.

Recorden que o prazo de matrícula para @s admitid@s será do 20 ao 30 de xuño.

PUBLICACIÓN LISTADOS PROVISIONAIS ADMISIÓN ALUMNADO 2023/24

Publicadas as listaxes provisionais de admisión alumnado para o curso 2023/24. Poden consultarse no taboleiro do centro ou ben en AdmisionAlumnado con certificado dixital ou chave 365.

ANUNCIO DE APERTURA DE PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN SOLICITUDES 4º INFANTIL

ANUNCIO DE APERTURA DE PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN SOLICITUDES 4º INFANTIL
Dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles para atender todas as solicitudes de admisión presentadas para o curso 2023/2024 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles (21 de marzo ao 11 de abril) para a presentación, de forma presencial, da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer a orde de prelación das solicitudes de 4º de INFANTIL.
Así mesmo, sinálase para estas solicitudes o número aleatorio que lles corresponde para poder aplicar, de ser o caso, o criterio de desempate regulado no artigo 34.2 da devandita Orde, e que se publicará no taboleiro de anuncios do centro.
 
Adxuntamos unha relación dos criterios de admisión e de documentación a presentar que lles servirá de recordatorio da documentación que deben presentar no centro.
Para calquera dúbida poden chamar ao centro preferentemente en horario de 9:00 a 10:00 e de 13:10 a 14:00 h.
 
 
CEIP CURROS ENRÍQUEZ (OURENSE)
 

TFNOS: 988783610/11

AMPLIACIÓN AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Xa está dispoñible para as familias que o solicitaron  a ampliación do vale de material para adquirir material escolar. Este vale de 25 euros completa o vale de material que foi concedido con anterioridade e que xa recollerades(o de 50 euros). As familias soamente tedes que vir a recollelo (a persoa que fixo a solicitude a finais do curso pasado) e se non podedes, autorizade a outra persoa para facelo.

O horario é o seguinte:

LUNS A VENRES DE 9:00 A 9:55

LUNS A VENRES DE 13:10 A 13:55

Distribuir contido


by Dr. Radut