Skip to Content

Animación á lectura

ENTREGA DE PREMIOS DO TRIVIAL LITERARIO

Entregáronse os premios aos mellores lectores de cada ciclo de Primaria que gañaron o concurso de Trivial organizado por Biblioteca Creativa en colaboración con Polos creativos.

SEMANA DO SAMAÍN: Trivial literario na Biblioteca creativa

Na semana do Samaín o alumnado de Primaria participou no Trivial Literario, no que respondían a preguntas sobre títulos adaptados á súa idade que lles correspondían despois de tirar as cabazas-dado, levando os cinco últimos clasificados como premio un anel con forma de caveira que se imprimiron coa impresora 3D.

BIBLIOTECA: ENTREGA PREMIOS CONCURSO BOOKTUBERS E TRIVIAL LITERARIO

Dende a biblioteca fíxose entrega dos premios aos gañadores do TRIVIAL LITERARIO e do CONCURSO DE BOOKTUBERS que realizamos para conmemorar o Día DO LIBRO. Podedes ver os seus traballos nos enlaces que adxuntamos.

 

XELA, SUPERHEROÍNA DE ALDEA

Inma Soto presentounos o seu conto sobre a nosa natureza, "Xela, superheroína de aldea" que pon en valor os nosos recursos e busca que as persoas miúdas queiran coidar o territorio.

 

1º E 2º PRIMARIA: Visita á Biblioteca Nós

@s alumn@s de 1º e 2º de primaria visitaron a Biblioteca Nodal "Nós", onde coñeceron os recursos e os recunchos desta Biblioteca referente en Galicia, cun xogo de pistas co que percorreron as instalacións.

 

BIBLIOTECA: TRIVIAL LITERARIO NA SEMANA DO LIBRO

Todo o alumnado do centro participou no Trivial Literario, no que respondían a preguntas sobre títulos adaptados á súa idade que lles correspondían despois de tirar os superdados coas portadas dos libros seleccionados.

 

 

OBRADOIRO DE CÓMIC

Dentro das actividades da Semana do Libro, tivemos un obradoiro de cómic dirixido por Simón, que nos ensinou distintas técnicas para expresarnos por medio da banda deseñada!

Para completar o programa tamén traballamos o cómic dixital, para elo @s alumn@s de 6º fixeron de guías para o resto dos compañeir@s!!

 

 

 

 

BIBLIOTECA: 8M ROBÓTICO

Dende a Biblioteca deseñouse un xogo, Pasapalabra robótico ( Escornabots ), un conxunto de  preguntas relacionadas con libros de temática feminista dos que dispoñemos na biblioteca.

 

BIBLIOTECA: 25N

    Dende o equipo de biblioteca fixemos a seguinte proposta para conmemorar o 25-N:

    • Habilitamos un punto de lectura violeta con libros de temática inclusiva e sobre a importancia do papel das mulleres na sociedade.

    • Durante quince días os rapaces podían levar libros seleccionados no punto.

    • Dentro de cada libro atopaban pequenas sorpresas en forma de bolboretas con letras.

    • Cada letra correspondíase cun número do mural que iamos construir entre todo o alumnado de primaria.

    • A idea era completar un pequeno manifesto contra todo tipo de violencia, especialmente aquela que vai contra as mulleres.

    • Cando completamos a mensaxe colocámola no punto de lectura violeta, que funcionará uns días máis segundo sexa o interese amosado polo alumnado. 

   

SAMAÍN 2022

   
Distribuir contido


by Dr. Radut