Skip to Content

Taboleiro

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO ALUMNADO DE NOVA ADMISIÓN CURSO 22-23

 

Entre o día 20 e o 30 de xuño deben pasar polo centro formalizar a matrícula do alumnado de nova admisión.

 

Para a matrícula do alumnado de Educación Infantil deben cubrir os formularios adxuntos de formalización, enquisa sobre lingua materna e autorización da imaxe e presentalos na secretaría do centro xunto con 4 fotografías tamaño carné e fotocopia da tarxeta sanitaria.

 

 Para o resto de alumnado presentarán o anexo de formalización e a autorización para o uso da imaxe.

 

Se desexan utilizar o servizo de comedor ou acollida temperá, cubrirán os impresos correspondentes que encontrarán nos arquivos adxuntos.

 

O horario de presentación en secretaría será de 10 a 13 horas.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

 

 Publicáronse as listaxes definitivas de admitidos/as e non admitidos/as para o vindeiro curso.

 

- Todos os alumnos e alumnas de 4º de Educación Infantil que presentaron a solicitude para o noso centro como primeira opción están admitidos/as.

- Os alumnos/as que solicitaron admisión para 1º de Primaria están admitidos/as.

- Os alumnos/as que solicitaron admisión para 2º de Primaria non están admitidos/as.

 

Do 20 ao 30 de xuño, os admitidos/as deberán pasar pola secretaría do centro para formalizar a matrícula. En breve publicaremos a documentación a entregar.

 

 

 

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN

 

Normativa de aplicación

 

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 
O prazo de presentación das solicitudes de admisión é do 1 ao 22 de marzo.
Xunto coa solicitude debidamente cuberta e asinada deben xuntar copia do documento que acredite a idade do alumno/a (libro de familia ou DNI). Se houbese que baremar, a documentación necesaria pediríaselle dende o centro para entregar no prazo establecido.
Lembren que soamente se pode entregar unha solicitude. Se a entregan en varios centros quedan anuladas.

A solicitude pode facerse de xeito telemático a través da sede electrónica da Xunta ou de xeito presencial  no centro.


 
Área de influencia do centro:
Marxe dereita do río Barbaña dende a ponte de Ervedelo, marxe esquerda do río Miño dende os Remedios ata a Ponte Nova. Ponte Nova, Curros Enríquez, interior de Praza Eduardo Barreiros, Rúa do Paseo ata Rúa Concordia, Rúa Concordia ata Rúa Paseo, Rúa Ervedelo ata a Ponte. Todas as rúas interiores dentro deste límite.

Áreas limítrofes: as áreas de influencia do CEIP O Couto, CEIP As Mercedes, CEIP Mestre Vide, CEIP Manuel Sueiro, CEIP Prácticas e CEIP A Ponte.

 

 


Servizos que presta o centro:  acollida temperá (con e/ou sen almorzo), comedor e actividades extraescolares.


Horario xeral do centro: Acollida temperá de 7:30 a 9 horas, horario lectivo de 9 a 14 horas, comedor de 14 a 16 horas, actividades extraescolares de 16 a 18 horas.


Horario de entrega de solicitudes de admisión: Todos os días de 9:15 a 9:45 h. e de 13:15 a 13:45 h. e os martes pola tarde de 16 a 17  h.


O formulario de solicitude (ED550B) será facilitado gratuitamente no centro, pódese descargar no arquivo adxunto e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina Web da consellería competente en materia de educación.
Poden cubrir a solicitude nesta aplicación e entregala no centro con todos os apartados cubertos  e asinada debidamente. Tamén a poden presentar na sede electrónica co DNI electrónico ou sinatura dixital.

Lembren que en caso de separación e/ou divorcio teñen que asinar os dous proxenitores.

É importante que cubran a autobaremación (domicilio ou lugar de traballo, renda, irmáns no centro...), pois o que non aleguen non se lles terá en conta á hora de baremar.

Para o cálculo da puntuación pola declaración da renda (exercizo do 2019, presentada o ano pasado) deberán facer constar a suma das casiñas 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible de aforro) e dividir entre o número de membros da unidade familiar. O IPREM do 2019 é: 6.454,03 euros.

O criterio complementario que se aplicará no centro para a baremación é: "ser fillo/a ou irmán/a de exalumno/a.

DATAS DO PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN
Proceso de admisión: 1 ó 22 /03 (aa.ii.)
Prazo entrega de documentación (só centros que bareman):
10 días hábiles contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
Exposición de listado provisional de admitidos e non admitidos: antes do 25/04
Prazo de reclamación:cinco días hábiles despois da publicación da listaxe
Exposición de listas definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15/05
Período de matrícula en Educación Infantil e Primaria.:  20 ao 30 /06

 

VACANTES DISPOÑIBLES NO CENTRO PARA O CURSO 2021-2022


4º DE EDUCACIÓN INFANTIL  (3 anos) : 25 (22+3*)

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 anos): 5

6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (5 anos): 0

1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 2*

2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 0

3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 1

4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 0

5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 2

6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 0

*Do total das vacantes resérvanse tres prazas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. De non cubrirse con alumnado desas características cubriranse polo proceso ordinario.

 

DEBIDO Á SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA ACTUAL, ESTE ANO NON PODEMOS TER A HABITUAL XORNADA DE PORTAS ABERTAS. SE ALGUNHA FAMILIA TEN ALGUNHA CONSULTA OU QUERE VIR AO CENTRO, DEBERÁ SOLICITAR CITA PREVIA PARA OS LUNS OU MÉRCORES POLA TARDE.


Ourense, 22 de  febreiro de 2021

A Directora

Asdo.: Mª Isabel Domínguez Pérez

 

formulario_admisión.pdf

DECRETOadmisión.pdf

OrdeAdmisión.pdf

orde2017.pdf

 

 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2013-2014

Distribuir contido


by Dr. Radut