Skip to Content

Entradas recentes

8M EN INFANTIL

Para Infantil tamén tivemos un contacontos con motivo do Día Internacional das mulleres (8M) coa colaboración da Concellería de Igualdade.

“A gran pequena inventora,” levado a cabo pola compañía TRÉMOLA TEATRO, coa finalidade de concienciar e sensibilizar ao alumnado en materia de igualdade.
Sinopse do contacontos:
A Laura encántalle inventar cousas, por casualidade crea unha piña que fala, e coa axuda da súa nova amiga vivirá aventuras incribles cheas de pompas, música, bailes... aínda que Laura é pequena e unha gran inventora, pero para que as súas creacións funcionen precisamos da vosa axuda!

 

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller, para elo elaboramos un mural coa silueta dunha muller sobre o que, a xeito de collage, colocamos as fotos que aportou o noso alumnado das mulleres importantes nas súas vidas. O título do mural é "ELAS".

Ademais convocouse un concurso para deseñar o tema dunha chapa vinculado ós dereitos da muller. Co deseño gañador elaboramos unha chapa para tod@s @s alumn@s e mestr@s do colexio.

 
 

DÍA DE ROSALÍA

 

REPARTO LEITE EN INFANTIL E PRIMARIA

 

Como xa sabedes este curso continuamos o Programa escolar    
de Froitas e Leite, subvencionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).
No período comprendido dende o 6 ata o 31 de marzo
repartiremos nos recreos leite en envases de 200 ML entre o alumnado de Infantil e Primaria.
AVISADE SE HOUBERA ALGUNHA ALERXIA OU
INTOLERANCIA (TAMÉN HAI UNIDADES DE LEITE
SEN LACTOSA SE FORA NECESARIO).
AS COMUNICACIÓNS A TRAVÉS DAS TITORAS/ES
OU NO CORREO ceip.curros.ourense@gmail.com      
   

 

VENRES 3 MARZO: "Quero contarche un conto"

ENTROIDO 2023: "A volta ao mundo en 80 días"

Unha semana de entroido intensa, cos mandados do meco, a visita dos técnicos do IGC sobre hábitos de consumo seguros, e por fin o gran desfile coa temática "A volta ao mundo en 80 días" e en compañía dos colexios do entorno, nun día espectacular no que luciu o sol. Bo entroido para tod@s!!

 

PRIMARIA: Entroido seguro

O alumnado de Primaria recibiu información sobre hábitos seguros de consumo no entroido por parte dunha técnica do Instituto Galego de Consumo

 

CAMPO A TRAVÉS: FINAL PROVINCIAL

O pasado sábado 11 de febreiro celebrouse nas instalacións de A Rúa a Final Provincial de Campo a través. Todo un éxito para @s atletas de Curros, xa que Irene, Daniela e Xiana acadaron o 2º, 3º e 16º postos en Benxamín feminino, Ángel o 31º en alevín masculino e Daniel o 46º en infantil masculino.

Noraboa a tod@s polos seus excelentes resultados!!!!

 

 

 

6°: Visita ó IES As Lagoas

@s alumn@s de 6º de Primaria visitaron o IES As Lagoas para familiriazarse co novo centro, dado que a maioría do alumnado opta pola reserva de praza no noso IES adscrito para seguir os estudos de Secundaria.

3º PRIMARIA: Día da muller e a nena na ciencia

@s alumn@s de 3º asistiron ao VI Xornada do Día da muller e a nena na ciencia que se celebrou na Praza do Bispo Cesáreo o pasado 10 de febreiro.  
Distribuir contido


by Dr. Radut