try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

GUÍA BÁSICA PARA UN NOVO CURSO

Prezadas familias,

Un ano máis a  nosa comunidade educativa continúa exposta á unha ameaza invisible, pero real.

A nosa escola está lista  para recibir aos vosos fillos/as de forma segura. Aqui tendes un resume  das  medidas  que elaboramos para  protexer e prever o contaxio da covid-19 e  facer do cole Chans unha  escola saudable e rsponsable. 

MENSAXE DE BENVIDA A UN NOVO CURSO

BENVIDOS AO CURSO 2021-22

Setembro é o comezo dun novo percorrido, o principio dunha nova etapa chea de bos propósitos e incertezas.

Tras un tempo de descanso veraniego, chega a volta a escola. As nosas mochilas veñen cheas de bos momentos e gañas de  afrontar novos retos e aventuras.

Nuns días recibiredes unha mensaxe por AbalarMóbil para darvos a coñecer a nosa folla de ruta deste  segundo curso da "nova realidade".

Esperamos aos vosos fillos/as  o día 9 de setembro ás 9:00 horas.

Ogallá  esta nova andaina nos axude a ser máis concientes da importancia de ter unha boa actitude ante a dificultades que vair xurdinto e  de confiar na escola de Chans... Porque setembro tamen significa aceptar cambios e arriscar.

Grazas familias polo voso apoio e confianza.

AGRADECEMENTO Á COMUNIDADE EDUCATIVA

Rematamos un intenso e complexo curso escolar. Un curso único no que tivemos que adaptarnos a unha realidade diferente e chea de incerteza.Tivemos que aprender a sorrir cos ollos, a renunciar as apertas e bicos, a convivir en burbullas, a soportar baixas temperaturas. Tamén aprendimos a importancia de coidarse para coidar dos demáis e a valorar a esas persoas especiais que nos apoiaron e sostiveron nos momentos de desánimo.Co voso compromiso, actitude e responsabilidade todo foi máis doado. E como o mellor dos agasallos é  sentir o poder  das emocións, dedicámosvos "Só unha canción" e un aplauso infinito a todos/as as que  fixéstedes posible que a maxia exista. Que pasedes un verán emocionante. Vémonos en setembro.


Actuación do"Coro das emocións", alumnado de 4º primaria

IX CERTAME DE FOTOGRAFÍA CREATIVA

FOTOGRAFÍA CREATIVA

O IX certame de fotografía creativa xa foi resolto. Preme no vídeo e poderás ver as fotografías premiadas. Moitas grazas a todas as familias que  dedicástedes  o voso tempo a coidar da natureza. Parabéns a todos os participantes! 


AXUDAS MUNICIPAIS PARA ALUMNADO DE E. INFANTIL

AXUDAS  MUNICIPAIS PARA ALUMNADO DE E. INFANTIL

Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas para material escolar e libros para o alumnado de E.I.

O prazo de presentación das solicitudes  será do 10 Xuño ao 7 de xullo de 2021 a través da carpetá cidadá do Concello de Vigo ou presencialmente con cita previa nos teléfonos 010 ou 986810260. Para máis información preme na imaxe:

Benvida

 

LETRAS GALEGAS 2021

Este ano, o día das letras galegas tiveron como protagonista a letra X", unha letra que nos abre ás portas ao universo da gran poetisa contemporánea Xela Arias . A árbore que medra na escola floreceu con  palabras fermosas que comezan con esta letra:

CÓIDAME:1ª ECO-MISIÓN

Xa podedes consultar no blogue da Biblioteca, os resultados da 1ª eco-misión do proxecto integrado deste curso "Cóidame": poñer nome as imaxes medioambientais  impactantes.

DÍA DOS BOSQUES:21 MARZO

O mellor  agasallo para os bosques no seu día: enchelos das árbores autóctonas que nos trouxo o Apalpador. Coidando dos bosques para coidar de nós. Chans respira san!

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ALUMNADO

Premendo na imaxe poderás acceder á información sobre a entrega das solicitudes para o curso 2021/2022. 

 

Descarga da Solicitude

Documentación a aportar: libro de familia ou calquera outro documento que acredite a idade do neno /a

Para entrega das solicitudes na Secretaría da escola  pedide cita no número de teléfono  886111140

 

ENTROIDO EN CHANS 2021:O ENTROIDO DAS MÁSCARAS

No ano en que todo "mudou"  e  polas restricións  actuais,  o Entroido  de Chans  que se celebrará o día 12 de febreiro  será diferente. Farémolo, moi ao noso pesar, sen as familias e respectando as normas do protocolo COVID-19.
Aínda así, o alumnado poderá gozar dun Entroido cheo de orixinalidade  e divertimento.
Ao estar  a escola traballando nun proxecto educativo a favor do coidado medioambiental, pedímosvos que os vosos fillos e fillas aproveiten disfraces doutros anos, utilicen roupa vella ou calquera outro elemento que teñamos nas casas. A temática será libre.
Pregamos  non mandedes ningún accesorio  para levar na man para evitar que os compartan ou intercambien.
Desexámosvos un Entroido feliz e  que estea  cheo de máscaras

Velaquí  un vídeo deste "Entroido das máscaras".

Vémonos nas aulas o xoves 18 de febreiro. Agardamos que gozade do descanso e da festa con responsabilidade. 

COÑECE A NOSA ESCOLA: ADMISIÓN

Neste curso, dada situación sanitaria provocada pola COVID-19 non será posible realizar as xornadas de portas abertas coma en anos anteriores.

Se queres coñecer a nosa escola e os seus proxectos educativos non dubides  en contactar con nós por vía teléfonica (886111140/ 886111144) ou por mail (ceip.chans.bembrive@edu.xunta.gal). Preme na imaxe

 

PREMENDO NA IMAXE PODERÁS VER UN VIDEO DA NOSA ESCOLA.COÑECE AS NOSAS INSTALACIÓNS E O  NOSO PROXECTO EDUCATIVO

 

 

 

 

 PREME NA IMAXE E PODERÁS COÑECER A ESCOLA DE CHANS 

 

PROCESO ADMISIÓN CURSO 2021/22

Podedes consultar o calendario de matrícula para o curso 2021/22 premendo na imaxe:

 

 

DIA DA PAZ 2021: "CHANS, SEN FRONTEIRAS"

O día 29 de xaneiro, realizamos un pequeno acto durante a hora do recreo  para lembrar que "todas as persoas do  mundo  temos dereito a saber o qeu é sentir, vivir e  compartir a paz todos os días do ano e todos os anos da nosa vida". 

 

 

 Velaquí os nosos origamis pola Paz que nos lembran que ás veces as fronteiras poden ser de papel:

RETO "JERUSALEMA"

Rematamos o ano 2020  sumándononos ao reto "Jerusalema", compartindo  a ledicia de bailar como xeito de reafirmar  a nosa resistencia e resiliencia ante a adversidade. E que no ano 2021 sigamos bailando!!

 

A XANELIÑA, DECEMBRO 2020

Podedes consultar no blogue de Bibliochans, as recomendacións lectora para este Nadal. Boas lectures e felices soños

 

O ANO EN QUE TODO MUDOU

Este ano pasará a historia como o "ano en que todo mudou" Tocounos vivir tempos difíciles e incertos....Pero conseguimos chegar ata o final resistindo, cun sorriso de ollos, todos os obstáculos que foron aparecendo nos nosos forgares e na nosa escola: "Non vas poder con nós". Vídeo protagonizado polo alumnado de 1º primaria.

Preme na imaxe:

O NADAL QUE QUEREMOS EN CHANS

A toda a Comunidade Educativa do CEIP de Chans Bembrive:

Co noso desexo de que a maxia  destas datas encha os vosos fogares e  o cole  Chans de boas novas, sensacións agradables e moita moita ilusión.

Ogallá o ano 2021 sexa o ano dos soños cumpridos

Agardecémosvos o voso compromiso e disponibilidade para construír  xuntos/as a escola na que cremos.Que gocedes das festas con  responsabilidade e alegría compartida.

Bo Nadal. Preme na imaxe

 

O MELLOR AGASALLO PARA ESTE NADAL:PAUSAS MÁXICAS

Como ben sabedes na nosa escola levamos apostando pola creación de climas afectivos cálidos e amables. Cremos na importan de dotar ao alumnado de ferramentas que lles permitan entrenar a atención e o "darse conta" de que eles/as poden regular as súas emocións  caóticas.

Prezadas familias, precisamos de vós para que lles axudedes co voso exemplo a modelar a súa conduta  e atención. Eles/as estannos a observar todo o tempo....e precisan de límites  respetuosos e do voso amor incondicional

Neste almanaque  atoparedes vintecatro agasallos para este mes de decembro. Animámosvos a abrir cada un deles e a gozar en familia destas pausas tan necesarias como reparadoras. Porque a calma  é o mellor dos agasallos para rematar este ano tan de incertezas e preocupacións

 

UN PASEO POLO BOSQUE. MAGOSTO NOS TEMPO DA COVID

O día 11 de Novembro celebramos unha das nosas festas de outono preferidas: O Magosto.Este ano, debido á situación de pandemia que estamos a vivir, foi moi diferente do mque viñamos facendo nos anos anteriores: sen fogueiras, sen xogos tradiionais, sen chourizos...As circunstancias obrígannos a levar máscara, a manter o distanciamento social...Pero nun o máis agresivo dos virus evitou que degustasemos as castañas e gozaramos das cores do outono. Escoitamos os sons do bosque, contemplamos a súa beleza e decatamonos de como a natureza segue o seu proceso allea ao que esta sucedendo.

Aquí tendes algunhas instantáneas deste momento tan máxico:

 

 

 

Na nosa escola medran árbores

Si, no cole de Chans medrou unha árbore fermosa, con raíces fortes coma todos nós,  con follas en forma de corazón e con mensaxes que nos axudan a medrar: agarimo, amor, bicos...

Nesta árbore brotarán froitos cheas de creatividade, maxia  e sabor.

Grazas a ANPA por sementala e en especial á familia de Lola de EI 5 anos por axudarnos a soñar e medrar.

 

INAUGURACIÓN DE BIBLIOCHANS,VERSIÓN COVID

Bibliochans xa esta adaptada aos novos tempos da era Covid E preparada para recibir a todo o alumnado con todas as medidas preventivas. Ogallá que o único virus que se espalle pola escola sexa o da lectura. Achégate a Bibliochans con responsabilidade, pola túa seguridade e pola dos demáis.

 

 

PROTOCOLO COVID:NOVO MODELO DE ENQUISA EPIDEMEOLÓXICA

Prezadas familias, 

Tal e como se recolle no Protocolo de adaptación ao contexto Covid para a detección precoz de síntomas compatibles coa infección pola  Covid-19,  estades obrigados a realizar aos vosos fillos/as unha autoavaliación diaria dos síntomas contempaldos no seguinte modelo:

Enquisa de autoavaliación: Acceso á enquisa

Os resultados desta enquisa non teñen que enviarse ao centro. Ante a aparición dalgúnha desta sintomatoloxía,  o alumno/a non acudirá á escola.

Pregamos extremen as medidas  de prevención.

 

CIRCULAR INICIO DE CURSO

 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID_19

Premendo na imaxe podedes acceder ao Protocolo da escola para esta nova realidade e ao Plan de continxencia

 

 

ACCESO Á AULA VIRTUAL

Temos xa a punto unha plataforma complementarian ao ensino presencial: A aula virtual de Chans. Aqui tendes un titorial que vos axudará a acceder. Lembrade escribir o novo contrasinalnal na tarxeta que levan os vosos fillos/as na axenda (ou mochila). Se tendes dúbidas consulta co titor/a.

Preme na imaxe

Premendo na imaxe podedes ver   un vídeo-resumo do proceso de acceso á aula virtual:

 

 

NOTA DE AGRADECEMENTO

Despois desta primeira semana tan demandante, o Equipo Directivo  quere expresar o seu agradecemento ao profesorado de Chans, que  cada día poñen a súa enerxía para facer da escola un lugar emocionante, ás familias, pola vosa implicación e compromiso, e principalmente aos grandes protagonistas: os vosos fillos/as, que están a facelo realmente ben. Son xeniais e valientes!!. A por outra semana.!!

  

 

 

DÍA DO MEDIO AMBIENTE : ECOARTE

Para  celebrar o “Día do Medio ambiente” (5 de xuño) o alumnado de 4º, 5º e 6º  de Chans enviaron, dende as súas casas,  estas expresións de arte ecolóxica proposta na clase de Art . Unha boa mostra de cómo nos vinculamos coa natureza e cos problemas que afectan ao noso  planeta a través da interpretación do medio ambiente a utilizando a fotografía, pintura, danza, literatura... Parabéns artistas! 

 

 

LISTAXES PROVISIONAIS  DE NENOS/AS ADMITIDOS PARA O CURSO 2029/21

Seguindo as instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos humanos sobre o proceso de admisión do alumnado, publicamos con data 5 de xuño as listaxes provisionais. As canles para consultar as devanditas listaxes serán:

a) Presencial: No taboeiro de anuncios situado no interior do edificio

b) Non presencial: a través da aplicación  admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital

Para máis información chamade ao teléfono da escola: 886111144

 

CARTA DO TRASNO

O noso amiguiño, oTrasno Contacontos deixou na caixa de correos da escola unha carta para todos/as os artistas de Chans que queren  compartir o seu talento dende a casa. Anímádevos a participar. Preme na carta do Trasno

 

 

LECTURAS E OUTROS IMPRESCINDIBLES. DIA DO LIBRO 2020

Para conmemorar a festa dos libros 2020, o Equipo de Biblioteca quere compartir esta actividade colaborativa con toda a comunIdade educativa: o noso "Kit de supervivencia" para facer máis levadío este tempo de confinamento. Esperamos que vos guste

 

 E se queredes acceder a máis propostas de lectura na casa, invitámosvos a visitar o Blogue de BiblioChans:

INFORMACIÓN AS FAMILIAS

Agardando que esteades ben de saúde queremos informarvos que o 14 de abril reiníciase a actividade lectiva non presencial.

Estamos a espera de instrucións precisas por parte da Consellería  para o desenvolvememento deste trimestre .

Namentres, o profesorado retomará o contacto co alumnado o martes 14 de abril.

Preme na imaxe para consultar esta información:

 

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS:CIRCULAR NÚMERO 3

Premendo na imaxe poderedes ler a circular informativa número 3. Unha forte aperta co noso desexo de que esteades ben de saúde e ánimos.

 

SAÚDOS PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Dende as nosas casas con moito agarimo e co desexo de que pronto poidamos voltar a escola con saúde e ilusión. Unha manchea de apertas. Premede na imaxe e poderás ver o agasallo:

 

 

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS:

Estamos encantados/as de abrir a nosas portas a todas aquelas familias que queiran coñecer o noso proxecto Educativo. Achégadevos ao cole Chans, "unha escola emocionante"

 

 

 

 DIA DA PAZ 2020

 

 Os nenos e nenas de Chans quixemos facer unha homenaxe a todas as persoas que tiveron que abandoar as súas casas involuntariamente por motivos, relixiosos, económicos, políticos...

A partires da lectura do conto "Podrías"; de Joana Raspall (traducido previamente ao galego) salientamos a importancia da solidariedade para axudar a construír un mundo mellor. A cor da pel, a lingua, a comida, a roupa, os xogos...todo podería ser diferente de ter nacido noutro lugar. 

Preme na imaxe e poderás ver os nosos traballos

 

 

ESPERANDO O NADAL, EN CALMA

A calma é unha das apostas máis sóidas da nosa escola. : facer unha pausa, explorar como estamos, escoitar atentamente, confiar no que esta xurdindo momento a momento..e  actúar dende esa sensación.

Neste almanaque de decembro, podedes entrenar a vosa mente, ensiñarlle como   tranquilizarse, a saber esperar e a afrontar os conflitos dende a moderación e o diálogo. De este xeito poderemos saborear mási intensamente  toda a maxia  que nos traerá o Nadal.

Preme na imaxe e poderás acceder ao almanaque:

 

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: 24 OUTUBRO

Para conmemorar o Dia das Bibliotecas escolares o Trasno Contacontos deixounos este percorrido polas Bibliotecas con máis encanto do mundo. A ver se adiviñades cal é a súa Biblioteca preferida. Preme na imaxe para acceder o video

 

 

 

 

XA É ENTROIDO EN CHANS

O venres 1 de marzo a partires das 12:00 horas invitámosvos a participar do noso Carnaval mítico. Esperámosvos no Monte Olimpo!
 
 
 
 
 
 

O NOSO PROXECTO. UNHA VIAXE POLO OLIMPO

Coa chegada do novo ano, estreamos un novo proxecto. As nosas maletas xa están cheas de gañas de aprender e de ilusión para comezar unha "Viaxe polo Olimpo" morada dos Deuses e outros seres mitolóxicos . Se queredes acompañarnos nesta "viaxe mítica" premede na imaxe:
 
 Invitámosvos a que nos acompañedes na nosa viaxe polo Olimpo achegándovos ás actividades que estamso a desenvolver neste proxecto. Premede na imaxe

 

 
 
  
 
"AO SON DE CHANS"
Comezamos o ano 2018 con proxectos e ilusións que "soan moi ben": unha viaxe apaixoante ao máxico mundo dos sons, ritmos, intérpretes e composicións musicais.
A maxia do Nadal deixounos un agasallo moi especial: unha partitura xigante con simpáticas e xoguetonas notas musicais que soan afinadas e ben acompasadas. Acompañádesnos  nesta nova andaina?
 
 
 
"CONSTRUÍNDO BENESTAR NA ESCOLA DE CHANS"

Este curso afrontamos un reto moi interesante: construír benestar na nosa escola.Queremos traballar neste eido, queremos axudar a que todos e todas os que formamos esta escola sexamos un pouco máis felices. Para coñecer o noso proxecto preme na imaxe:

 
 
 
  "APRENDE A PENSAR EN BIBLIOCHANS"
 

Os nenos e nenas de Chans unímonos á celebración do Día das bibliotecas Escolares 2017  participando nunha manchea de actividades.

 O lema  escollido desta xornada é "Aprende a pensar en Bibliochans", xa que a Biblioteca oferta un montón de posibilidades  para "aprender a pensar" e desenvolver o pensamento crítico. O Trasno Contacontos mandounos unha carta para convidarnos a visitar o   espazo máis máxico da escola. Os nenos de 6º fixeron un vídeo no que nos ensinaron como pasar de "Rata a leoa" e agasalláronnos cun marcapaxinas conmemorativo. Ademais vimos o vídeo "As cores de Bibliochans" e realizamos actividades variadas  que nos axudaron a manexarnos mellor na nosa Biblio.

 
 
 
 
 
PASE-ARTE POLO MUSEO DE CHANS
 
O martes 2 de maio inauguramos oficialmente  o "Museo de Chans" . O corredor do 1º andar transformouse nun Museo moi especial  onde se exhiben un total de quince cadros. Preme na imaxe e accederedes a descubir as marabillas agochadas neste Museo. Invitámosvos a percorrerlo. Descargade nos voos dispositivos móbiles un lector de códigos QR e accederes a estes videos. 
 
 
 
 
 
E tamen podes percorrerlo con esta guía impresa que atoparedes á entrada do Museo. Preme na imaxe.
 
 
E para rematar a visita, enche este formulario
 
 
 
 
AVISO: NOVOS NÚMEROS DE TELÉFONO DO COLEXIO DE CHANS.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SOMOS UNHA ESCOLA RESPONSABLE

O noso centro está  a participar no proxecto de innovación educativa de "Educación Responsable" para a mellora da convivencia, da creatividade e da responsabilidade.  Preme na imaxe e poderás achegarte o que estamos a facer neste eido:

¡

 DIA DO LIBRO 2017:ABRE OS OLLOS!

Bibliochans sumouse á celebración do Día  do libro con estas propostas.Abre os ollos!

 

OUTRAS ACTIVIDADES 

   

Biblioteca Escolar... "Sobe ao autobús da CDU"
No mes de outubro celebramos O Mes Internacional de Bibliotecas Escolares para seguir promovendo a Biblioteca da escola como lugar de encontro e saber onde conflúen o pracer pola lectura e a inquedanza por aprender dun xeito diferente. O lema deste ano:Poéticas diversas
Acceso  ao video

Halloween-Samain 2018
Coa chegada de HALLOWEEN-SAMAIN(31 de outubro), aspantasmas, os morcegos,os esqueletos e principalmente as cabazas...convirten a escola nunha terrorífica festa. Preme no video da exposición de cabazas da escola

+ info. Agradecedemos ás familias a súa colaboración para crear estas cabazas tan  creativas 
Imaxes do obradoiro de maquillaxe e a queima dos medos

Festa do Magosto 2018
O venres 11 de Novembro celebramos o Magosto de Chans. Despois dunha divertida xornada de xogos comemos  as castañas asadas e os chourizos con pan. 

+ info

Imaxes da celebración

Día dos Dereitos d@s nen@s
20 de Novembro celebramos o día internacional dos dereitos d@s nen@s. Todos os dereitos para todos os nenos/as do mundo"
+ info

 

Nadal 2018:"UN NADAL MITICO"
Xa chega o Nadal e queremos mandarvos unha mensaxe de paz, amor e solidariedade para todos os nenos e nenas do mundo.Ogalla o ano 2017 veña cargadiño de boas sorpresas para todos e todas

Video do festival de panxoliñas

 

Día da Paz 2019:"Eu teño alguen no meu corazón". O noso proposito é encher a escola de "corazóns e bicos" luminosos que nos lembren que co poder dos nosos afectos podemos construír unha "escola mítica"

Acceso ao video

 

 

Día internacional da muller. 8 marzo

Para celebrar esta  data,  clave para avanzar na educación para igualdade, realizamos este mural colaborativo para homenaxear as mulleres que  demostran ser unhas verdadeiras campionas

Video de "Mulleres Olímpicas"

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido