No CEIP de Chans o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria están a participar no proxecto de seccións bilingües na área de plástica.
A incorporación do alumnado de 5º ao proxecto bilingüe do centro durante o curso 2012/13 ( o alumnado de 6º comezou a “andaina bilingüe” no curso 2010/11), incide moi satisfactoriamente no acadamento das competencias lingüísticas e extralingüísticas e na mellora da calidade do ensino do alumnado do 3º ciclo de primaria.
A utilización da lingua inglesa para a adquisición dos contidos de plástica, redunda moi positivamente na mellora das competencias comunicativas dos nenos e nenas do derradeiro ciclo de primaria, na promoción de valores interculturais e na tolerancia e o respecto cara outras linguas e culturas. Asemade o apoio dun auxiliar de conversa procedente dun pais de fala inglesa, posibilita as prácticas de conversa e esperta no alumnado unha gran curiosidade e motivación pola visión fresca e real que aportan da lingua e cultura estranxeira
Os materiais que se elaboran nas aulas podense visualizar no blogue Art in Chans