try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Nadal

O Nadal

O Nadal encerra múltiples tradicións que, por costume, asumimos ano tras ano sin preguntarnos, moitas veces, que significado teñen no conxunto de celebracións que marcan estas entrañables datas.

Típicos do Nadal son elementos ornamentais como o nacemento, a árbore ou a estrela; pero tamén acontecementos como a chegada de Papá Noel, os Santos Inocentes, a celebración do Fin de Ano ou a visita dos Reis Magos.
E propias de Galicia son as tradicións do tizón, cachopo ou cepo de nadal, así como as relacionadas coa gastronomía entre as que cómpre destaca-la feira do capón de Vilalba.
I é que o Nadal galego ancestral, insertado na tradición cristiá desde o século IV, ten tamén unha palpable relación agraria, cando o labrego –debido ó mal tempo e ós días curtos- concentra o seu esforzo en traballos artesanais dentro da casa ou en labores como a matanza do porco. Avós, fillos, netos… reúnense a carón do lume onde, según os contos, tamén se congregaban as ánimas dos antepasados mortos na Noiteboa. Costumes que, xunto cos cantos, os donativos…, conforman as tradicións nadaleiras que hoxe se conservan

Na nosa escola celebramos esta festa adornando  os corredores e as clases e damos á benvida ás vacacións cun festival de panxoliñas 

Para acceder as actividades e Recursos sobre o Nadal preme na imaxe

 

 

 

Distribuir contido