try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Entroido

Entroido

 caretasO entroido e música, cor e fantasía, pero tamén é historia e tradición. Ven a reflexar a fin do inverno e o comezo da primavera. Ten a súa orixe probable en festas paganas, como as que realizaban na honra de Baco (deus do viño) os romanos ou as que realizaban en Exipto para honrar ó boi Apis.

É  a fin dun tempo de abundancia, para chegar ó tempo de moderación previo á Pascua. Pero sobre todo é o tempo no que cada quen sinte a necesidade de invertir o papel que lle tocou vivir. A muller viste de home e o home de muller, os pobres sentense ricos, e os ricos visten de harapos; as máscaras cobran papel de autoridades e os non disfrazados poden ser obxeto das bromas máis diversas. 

O entroido ten a maxia do prohibido, do anonimato, e rutura das normas durante un breve período de tempo para logo volver a rutina diaria.

No entroido, todos os anos, a nosa escola recibe a visita do Meco que neses días nos di como debemos vir ( cun zapato de cada cor, con colares, con sombreiro ...). Para rematar estes días de festa facemos un desfile de comparsas e indultamos ó Meco.

 

Distribuir contido