try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Educación Física

EDUCACIÓN FISICA

 

Os cursos de Educación Primaria teñen dúas  sesións de Educación Física á semana . As  sesións desenvólvense  normalmente no  pavillón que conta  con todo o material preciso : espaldeiras, canastas, porterias, balons , colchonetas , aros , cordas , …  e con calefacción para os días frios de inverno. 

Este pavillón tamen serve de aula de usos múltiples:  actividades de dinamización lectora ,conferencias de escritores e artistas, actividades teatrais e musicais , e festivais-  nos que asisten as familias  do alumnado . 

Asemade contamos   cunha pista polideportiva con porterias e canastas ; un patio cuberto e unha zona de terra para diversos xogos.

Nas clases de Ed. Física tratamos de inculcar o espiritu deportivo de respeto e cooperación con esforzo e traballo e adquirir distintos coñecementos de xogos e deportes para que elixan a actividade deportiva que máis lles guste para ocupar o tempo de lecer.

Todos os anos invitamos a profesionais  do deporte a impartir  algunha sesión no colexio como a Escola ciclista de Oscar Pereiro , o Clube de Balonman de Lavadores , o equipo de beisbol dos Halcones de Vigo, o AMFIV de Baloncesto en cadeira de rodas , etc. 

Nos recreos tamén organizamos torneos de Badminton e facemos unha xornada recreativa de xogos hacia final de curso.

Xoga , aprende e goza co  deporte !

Distribuir contido