try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Secretaría

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Aberto o proazo para a presentación de solicitudes de admisión

Do 1 ao 20 de marzo

 

Poderán presentarse PRESENCIALMENTE entregando na secretaría do centro o formulario que podes descargar a continuación:

 FORMULARIO DE SOLICITUDE

 

Tamén se poden presentar ONLINE a través da aplicación utilizando un certificado dixital ou a Chave 365. 

 ADMISIONALUMNADO

VACANTES PARA O CURSO 2024-2025

ADMISIÓN 2024-2025

Comeza o proceso de admisión para o próximo curso. A continuación deixamos información de carácter xeral que se irá ampliando en cada proceso:

 

  • Reserva de praza en centros adscritos (IES Carlos Casares): Presentarase o formulario de solicitude do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro na secretaría de Chans ou telemáticamente na aplicación admisiónalumnado (con certificado dixital ou Chave 365).
  • Xornadas de portas abertas: 26, 27 e 28 de febreiro. Pedirase cita previa a partir do 1 de febreiro.
  • Solicitudes de admisión ordinarias: Presentarase o formulario de solicitude no centro de destino do 1 ao 20 de marzo.

 

MÁIS INFORMACIÓN E DESCARGA DE FORMULARIOS NA APLICACIÓN

 

ADMISIÓNALUMNADO

MODELO DE AUTODECLARACIÓN COMEDOR 2023-24

Prezadas familias, 

Pregamos cumplimentes a autodeclaración do comedor para o curso 2023-24 e a presentedes en  Secretaria antes do 11 de setembro. lembrade que é requisito indispensable para que os vosos fillos/as poidan facer uso do servizo de comedor. Grazas

 

 

MATRÍCULA 2023/2024

TODO O ALUMNADO QUE OBTIVO PRAZA PARA O PRÓXIMO CURSO NO PROCESO DE ADMISIÓN, DEBERÁ FORMALIZAR A MATRÍCULA ENTRE O 20 E O 30 DE XUÑO.

 

DOCUMENTACIÓN para a formalización da matrícula:

Ed. infantil: 

  • 6 fotos de carné (actuais)
  • Fotocopia da cartilla de vacinas
  • Fotocopia do DNI da nai e do pai
  • Fotocipia do libro de familia ou de calquera outro documento que acredite a tutela do menor.
  • Fotocopia da tarxeta da seguridade social
  • Formulario de matrícula

Ed. primaria: 

  • 4 fotos de carné (actuais)
  • Fotocopia da cartilla de vacinas
  • Fotocopia do DNI da nai e do pai
  • Fotocipia do libro de familia ou de calquera outro documento que acredite a tutela do menor.
  • Fotocopia da tarxeta da seguridade social
  • Formulario de matrícula que se xunta

DESCARGAR FORMULARIO

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA MATERIAL

Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas de material e o fondo de libros para o próximo curso. Presentaranse, preferiblemente, de xeito electrónico. Se queredes presentalo presencialmente podedes recoller o impreso na secretaría do centro ou descargalo no documento que se xunta. 

O alumnado que teña praza noutro centro para o próximo curso, deberá presentar a solicitude no centro de destino. No enlace podedes atopar toda a información:       

 

https://drive.google.com/file/d/1JF6naM6ViRrG9L4_nLHffp3Yx5AClyuM/view?usp=sharing

 

 

ADMISIÓN 2023/2024. Vacantes e solicitude

Podedes descargar a solicitude de admisión premendo na imaxe:


 Vacantes:

TRANSPORTE ESCOLAR

TRANSPORTE ESCOLAR: LIÑAS E ITINERARIOS

 

A escola conta con 6 liñas de autobús establecidas e financiadas pola Consellería de Educación. 

 

As liñas 1, 2, 3 e 5 percorren gran parte do centro de Vigo no seguinte horario:

  • CASA - ESCOLA: Saída a partir das 8:15h.
  • ESCOLA - CASA: Saída ás 16:00h.

 

As liñas 4 e 6 percorren gran parte da parroquia de Bembrive no seguinte horario:

  • CASA - ESCOLA: Saída a partir das 8:15h.
  • ESCOLA - CASA: Saída ás 14:00h.

 

 

Nos seguintes mapas sinalízanse as paradas actualmente aprobadas pola Consellería de Educación, sen embargo, debido a obras e peonizacións, a liña 2 e a liña 5 presentan na actualidade algúns cambios que podedes consultar na secretaría do centro.

 

 

 

Paradas das liñas 2-4- 6 do cole Chans aqui:

 

 

 Paradas das liñas 1-3-5 no seguinte mapa:

 

  

 

Distribuir contido